Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cormorán Film: Drama girl

Pode o drama axudarnos a entendernos mellor a nós mesmos e ao mundo? Asistido por actores experimentados, incluídos Pierre Bokma e Elsie de Brauw, o director Vincent Boy Kars recrea escenas da vida de Leyla de Muynck, unha moza que se ve sometida a certa confusión neste intrigante experimento. Que segue sendo real e que é ficción?

Galego

Estrea galega de 'Pontevedra, cuna de Colón' no Día Mundial do Patrimonio Audiovisual

Dentro da sección habitual 'Fóra de Serie', o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) presenta a estrea galega da proxección de 'Pontevedra, cuna de Colón', a primeira película polícroma española que foi recuperada polo CGAI e Filmoteca Española.

A curtametraxe documental, rodada en 1927 na cidade de Pontevedra polo fotógrafo, cineasta e investigador Enrique Barreiro, terá o seu primeiro pase en pantalla grande en Galicia o 27 de outubro na sala do CGAI na Coruña, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual instaurado pola Unesco.

Galego

Tel Avivi on fire

Salam vive en Xerusalén e traballa en Ramallah para a famosa telenovela palestina “Tel Aviv on Fire”. Para chegar ao seu traballo debe pasar todos os días por un posto de control israelí onde acabará coñecendo ao comandante Assi, cuxa esposa é fanática da serie.

Director de cine e guionista palestino nacido en 1975 na localidade de Iskal, preto de Nazareth. O seu cine está marcado polo conflito palestino - israelí, que aborda desde a ironía, o sarcasmo e o paradoxo de ser un palestino vivindo en territorio ocupado.

Galego

The cave

Nun hospital subterráneo de Ghouta (Siria), un grupo de doutoras traballa ao límite para curar ás persoas feridas mentres se teñen que enfrontar ao sexismo endémico da sociedade na que viven.

Director de cine, produtor, escritor e director de fotografía sirio coñecido polo seu documental ‘Last Men in Aleppo’ que lle valeu o recoñecemento da crítica e numerosos premios e nominacións, incluído o Óscar ao mellor documental, converténdoo no primeiro director sirio en ser nomeado a estes premios.

Galego

Adam

Abla rexenta unha pastelería na súa propia vivenda en Casabranca, onde vive con Warda, a súa filla de 8 anos. A súa rutina, marcada polo traballo na pastelería e os labores domésticos, vese interrompida cando unha moza embarazada chama á súa porta en busca de emprego e teito.

Galego

Gaza

Retrato da vida cotiá dos cidadáns e cidadás de Gaza que continúan as súas vidas a pesar de estar no epicentro do conflito

Garry, Estudou cine no London College of Communication e na Escola Nacional de Cine de Irlanda. Traballou como director de fotografía en Nova York e Londres. Andrew, fotógrafo galardoado que estivo cubrindo eventos mundiais durante máis de 15 anos. Traballou en temas como a crise dos refuxiados sirios, o pobo saharauí do Sahara Occidental, polo que obtivo o “World Press Photo Awards”

Galego

It must be heaven

O director Elia Suleiman, debido á nostalxia, viaxa por diferentes cidades do mundo buscando similitudes coa súa terra natal, Palestina. No proceso de atopar un novo fogar, Suleiman dáse conta de que Palestina parece perseguirlle alá onde vai. A esperanza dun novo comezo termina converténdose nunha comedia chea de erros.

Galego

Overseas

No marco do ciclo de cinema documental Docs do Mes, o Teatro Principal de Pontevedra acolle a proxección de “Overseas”, dirixida por Sung-A Yoon.

Un impactante retrato das mulleres filipinas que ven obrigadas a ir ao estranxeiro para gañarse a vida traballando como aias e traballadores do fogar. A mirada da directora Sung-a Yoon, mestura de humor negro e denuncia social, pon en evidencia unha forma encuberta de escravitude moderna

Dirixido: A Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo.

Organiza: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Galego

Robots, as historias de amor do futuro

No marco do ciclo de cinema documental Docs do Mes, o Teatro Principal de Pontevedra acolle a proxección de “Robots, las historias de amor del futuro”, dirixida por Isa Willinger.

Cando Chuck compra a Harmony, a súa futura parella robot, pouco espérase que lle gusten os libros e conversar sobre temas transcendentais. En Xapón, o robot Pepper chega ao fogar da avoa Sakurai para facerlle compañía, pero resultar ser bastante despistado… Os robots son as novas criaturas do planeta Terra.

Galego

Sois belle et tais-toi

Proxección de “Sois belle et tais-toi “ (Delphine Seyrig, 1981, Francia, 110′, VOSG), nunha nova sesión dos luns de filmoteca organizados polo Cineclube Pontevedra en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia.

Lingua orixinal: francés, inglés.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual