Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The woman who ran

Mentres o seu marido está nunha viaxe de negocios, Gamhee queda con tres mulleres nos arredores de Seúl. Primeiro visita a dúas amigas nas súas casas e despois atópase de casualidade a unha vella amiga nun cinema. Pero quen é a muller que foxe? De que foxe e por que?

Galego

Oasis

Jong-Du, un home cunha leve discapacidade psíquica, acaba de saír da prisión despois de cumprir condena por un atropelo accidental. Ao volver a casa, a súa familia non o recibe precisamente cos brazos abertos, pero aínda así, tentará adaptarse. Un día decide facer unha visita á familia do home morto no accidente, e coñece a súa filla, Gong-Ju, que sofre parálise cerebral, e a quen o seu irmán está a abandonar nun miserable apartamento. Jong-Du e Gong-Ju pronto manterán, despois dun primeiro encontro conflitivo, unha relación amorosa que sufrirá a incomprensión daqueles que os rodean.

Galego

Neva en Benidorm

Peter Riordan é un home solitario, maniático e metódico, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Á súa chegada á cidade descobre que o seu irmán desapareceu e que este era propietario dun club de burlesque onde traballa Alex, unha misteriosa muller que exerce unha poderosa fascinación sobre el.

Galego

No creas que voy a gritar

Francia, 2019

Dirección e guión:  Frank Beauvais

Sinopse: Un home de 45 anos vive illado nun lugar de montaña de Alsacia. Só, logo da ruptura da relación que un día o levou ata alí, a súa única saída é o visionado continuo de películas de todas as épocas 

Galego

Bliss

Unha muller fará todo o que sexa necesario para completar o que ela considera a súa gran "obra mestra", aínda que para iso teña que penetrarse nun mundo de sexo, droga e asasinatos na periferia da cidade de Los Ángeles.

Galego

Critique de la séparation+ La societé du spectacle

Critique de la séparation (Dinamarca, Francia, 1961)
Dirección e guión:  Guy Debord. Fotografía:  André Mrugalski. Montaxe:  Chantal Delattre
Sinopse: Unha crítica desapiadada do cinema para criticar a sociedade que o contén.

La societé du spectacle (Francia, 1973)
Dirección e guión:  Guy Debord. Montaxe:  Martine Barraqué
Sinopse: Ensaio cinematográfico, realizado polo teórico  situacionista, altérnanse extractos doutras obras con algunhas pasaxes do libro do mesmo nome, lidos por el mesmo

Galego

The Dreamed Path

Alemaña, 2016

Dirección e guión:  Angela Schanelec. Fotografía:  Reinhold Vorschneider. Intérpretes: Maren Eggert, Stefan Butzmühlen

Sinopse: Unha descrición do desencanto e do fin do amor a través de dúas parellas, dúas historias separadas por trinta anos

Galego

La reina de los lagartos

España, 2019

Dirección e guión:  Burnin' Percebes (Nando Martínez, Juan González). Fotografía: Nando Martínez. Intérpretes: Bruna Cusí, Javier Botet

Sinopse: Berta é unha nai solteira, moza e decidida. Vive un amor de verán con Javi, un home peculiar que está de paso pola súa vida e mais pola da súa filla Margot.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual