Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Antoñito vuelve a casa + La caza de brujas

Antoñito vuelve a casa
Manuel Revuelta | 1969 | 34 min
Un neno, Antoñito, debe facer o saúdo fascista de forma ríxida durante horas como castigo. Anos despois, ten que facerlle fronte á represión política e cultural do réxime de Franco. 

La caza de brujas
Antonio Drove | 1967 | 36 min
Nun colexio relixioso, un cura sorprende a algúns alumnos no cuarto de baño. Alberto debátese entre a delación e o sentido da amizade.

Galego

WOS Festival: Delia Derbyshire: The Myths and Legendary Tapes

Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes é unha película que explora a vida e a inmensa produción creativa de Delia Derbyshire. Parte do achado dunha colección de obras da artista tras a súa morte e unha serie de documentos persoais que desvelan detalles da súa infancia, as súas pinturas e a súa loita contra o alcolismo. A contribución de Derbyshire foi minimizada por atoparse nun contexto moi masculinizado.

Galego

WOS Festival: Sisters with Transistors

Mulleres como Clara Rockmore, Daphne Oram, Bebe Barron, Delia Derbyshire, Maryanne Amacher ou Laurie Spiegel son fundamentais para entender o mundo musical na actualidade, aínda que pouca xente escoitara falar delas.

Sisters with Transistors é unha película documental sobre as mulleres pioneiras na música electrónica. Historias descoñecidas que destapa a directora británica Lisa Rovner e que explican como producimos e consumimos música hoxe en día. Dende o Auto-Tune ata as ilimitadas posibilidades que ofrecen os sintetizadores teñen a súa orixe no que conta o filme.

Galego

Próximamente últimos días

O novo paradigma cultural e de consumo complica a subsistencia dun cinema alternativo e cooperativo. Javi, Miguel, Vero, Marco, Marta, Miguel Ángel ou Cristina son algunhas das persoas que cada día se empeñan en non deixar secar Cineciutat, un oasis de cinema de autor e combativo. A historia complícase cando os problemas técnicos colapsan e é necesario conseguir 30.000€ para poder facerlle fronte a unha inspección que obrigue ao peche do cinema.

Galego

Foco Tsai Ming-liang: Rizi (Days)

Kang vive só nunha casa grande. A través das ventás, mira cara as árbores golpeadas polo vento e a choiva. Sente unha dor estraña de orixe descoñecida que apenas pode soportar e que lle afecta a todo o seu corpo. Non vive nun pequeno apartamento en Bangkok onde prepara pratos tradicionais da súa terra natal. Cando Kang se reúne con Non nun cuarto de hotel, os dous homes comparten a súa soidade.

Galego

Unha historia verdadeira

Baseada nun feito real ocorrido en 1994,'Unha historia verdadeira preséntanos a Alvin Straight (Richard Farnsworth), un home de 73 anos que tras enviuvar vive coa súa filla Rose (Sissy Spacek), unha moza discapacitada. O seu estado de saúde non é moi bo: ten problemas de visión, non pode andar ben por culpa da cadeira, sofre un enfisema e ultimamente está sufrindo desmaios estraños.

Galego

Dirty Dancing

Situámonos a mediados dos anos sesenta para acompañar os Houseman nas súas idílicas vacacións no balneario de Catskill (Nova York). Alí, a filla menor do matrimonio, Baby Hoseuman, namorará do seu profesor de baile, Johnny Castle, e do mundo que este lle descobre. Ao pertencer a clases sociais moi distintas, o seu amor de verán terá que facerlle fronte ás diferenzas que a contorna de cadaquén marque, sempre co baile como escenario de fondo.

Galego

College

COLLEGE (1927), é unha divertida comedia sobre o mundo universitario e a guerra permanente entre os empollones e os deportistas. A pesar de ser unha páxina escondida dentro da filmografía de Keaton, a cinta conta con algúns gags hilarantes, e segue sendo considerada hoxe en día como unha das películas que asentou as bases das comedias universitarias que poboarían as salas de cinema en décadas posteriores.

Galego

Festina Lente

Festina lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente.  Nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións, preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos cómo deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

 

Galego

O carnaval das almas

Mary Henry é vítima dun accidente automobilístico; desde unha ponte colgante o seu vehículo precipítase a un río. Horas despois, Mary aparece soa e desorientada nun banco de area. Axiña notará que o mundo que a rodea mudou. A liña que separa os vivos dos mortos faise cada vez máis borrosa. É entón cando aparecen eles...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual