Nocturna
As obras que Juan Rivas realizou para a serie "NOCTURNA", que agora presentamos en SVT Espazo de Arte, parecen chegar no momento xusto para reforzar a tese de que a pintura renace, con máis forza se cabe, despois de cada morte autoimpuesta.

As obras que Juan Rivas realizou para a serie "NOCTURNA", que agora presentamos en SVT Espazo de Arte, parecen chegar no momento xusto para reforzar a tese de que a pintura renace, con máis forza se cabe, despois de cada morte autoimpuesta.
Atlánticas nace como unha declaración de principios e unha toma de postura ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que a autora forma parte por legado e por desexo e que é intrínseca ao ser da Costa da Morte. De forma moi intensa, a presenza do lugar onde vive -Muxía-, está en todo o proxecto. Mais é un microcosmos exportable. Metáfora de moito máis.A serie está composta de 30 acrílicos pintados entre 2020 e 2021
Para Teresa Moro, “efecto reliquia” é aquela emoción que se esperta nela cando cre atoparse perante un obxecto (unha paleta, un tallo, a cama...), que puidese pertencer ou ser utilizado por un artista, actual ou pasado, a quen ela admira.
O proxecto curatorial de Aldara Vázquez e Iris Rodríguez é a primeira das intervencións que se abren na Zona C. Durante o ano iranse presentando os proxectos da creación máis nova que precisa de espazos alternativos onde desenvolverse.
O CORPO COMO EXPRESIÓN DA ÁNIMA E DO ESPÍRITU
Esta exposición recolle algunhas dos mapas téxtiles producidos polas persoas asistentes ao taller de "Cartografías Téxtis" do Programa de lecer do Forum.
No noso taller observamos a realidade, a reinventamos e interpretámola con teas e fíos dunha maneira moi sinxela.
Aquí falamos de mapas, de formas de lelos, o que fan artistas téxtiles e, sobre todo, creamos nosa propia cartografía.
O resultado destes momentos de creación individual e conxunta pódese ver e gozar nesta exposición.
Preséntase a exposición baixo o titulo "COLECTIVA DE NADAL" como todos os anos ARGA "Asociación de Artistas Plásticos Galegos, que o día 17 abre as súas portas con esta exposición de arte chea de cor, e cun numero de artistas de diferentes temáticas e estilos que fai que sexa tan interesante pasarse a visitar esta artística colectiva Do Nadal.
Podes ver distintas técnicas pictóricas acuarela, oleo, acrílico, gravado, e escultura..
XXVIII Maratón Fotográfico. Exposición do 6 de febreiro ao 3 de marzo de 2023
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixe e coordina Xuventude Crea, máis dunha década. Unha mirada ao pasado, unha mirada ao futuro. Trátase dun proxecto expositivo retrospectivo con motivo da celebración de máis dunha década da existencia do certame Xuventude Crea.
Durante o mes de xaneiro e ata o 5 de febreiro contaremos coa exposición de gravados baseados en lendas ourensás, realizados por Paula Rodríguez - Hermida Mandado.
Zona de acollida da biblioteca.
A exposición compleméntase cun encontro coa autora o día 3 de xaneiro ás 18:00. Prazas limitadas, inscrición no 988 78 83 85.
Reimundo Patiño foi unha das máis importantes figuras do panorama cultural da Galicia de posguerra. Paralelamente a unha vida dedicada á política, sensibilizado con posturas galeguistas, Reimundo Patiño desenvolveu un importante traballo artístico e humano a través da pintura.
Na zona da hemeroteca. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.