Belens compostelans 2021
Todos os beléns que poderemos visitar este Nadal en Santiago de Compostela.

Todos os beléns que poderemos visitar este Nadal en Santiago de Compostela.
Colmeiro. Cor e sentimento é un proxecto da Fundación Luís Seoane comisariado pola artista Mónica Alonso que analiza a importancia da cor na obra de pintor galego a través de case cen pezas, a maior parte óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.
Na década dos 50, Luís Seoane publica en dous volumes, Libro de tapas (1953) e Segundo libro de tapas (1957), as cubertas que deseñara para a editorial Botella ao mar, fundada en 1947 por Arturo Cadrado e o propio Seoane. Nestas dúas publicacións, xunto con Figurando recordos, publicada polo selo Citania en 1959, que recollía as portadas elaboradas polo artista galego para a revista Galicia Emigrante, sintetízase a achega de Seoane á época dourada da edición en Arxentina.
O Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha exposición dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930-1993), unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega. Esta mostra continua a serie de exposicións monográficas organizadas polo Museo dedicadas a diferentes pintores galegos, como as realizadas anteriormente sobre Tino Grandío, Antonio Tenreiro, Manuel Colmeiro, Felipe Criado e Alfonso Sucasas.
A Fundación Barrié presenta a exposición 'Humano, máis Humano', cunha coidada selección de 13 obras procedentes da Colección “la Caixa” de Arte Contemporánea.
GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña) é unha entidade sen ánimo de lucro dende onde traballamos pola defensa dos dereitos e intereses das persoas con discapacidade para unha plena inclusión nos diversos ámbitos da nosa sociedade.
Contamos con trinta autores e autoras de varias xeracións que ilustran esta mostra e supoñen, á súa vez, unha moi boa representación de toda esta historia viva da banda deseñada no noso contorno.
Parellas é o novo proxecto do fotógrafo coruñés Manuel Sendón, un traballo realizado durante catro anos ao redor do grupo de vivendas Juan Canalejo de A Coruña, coñecidas popularmente como as “casas baratas”, que se exporá ao público na Fundación Luis Seoane a partir do 30 de setembro con motivo da celebración da Semana da Arquitectura organizada polo Concello da Coruña.
Con motivo do Día da Edición, a biblioteca ofrece unha mostra bibliográfica que recolle as obras de José Antonio Durán, pontevedres de corazón, historiador, investigador interdisciplinar e editor a través da súa editora Taller de Ediciones, e como el mesmo se definiría... un "contador silvestre nada asilvestrado de historias históricas".
Datas: do 1 ao 20 de decembro
Lugar: Espazo de actividades da planta baixa
Dentro de Espazo CreOU da Biblioteca temos nesta segunda proposta a Exposición de escultura figurativa en aceiro latonado do escultor autodidacta Juan Manuel Paz Gulias, nacido en Doade (Beariz). Achéganos 5 creacións de grandes dimensións.
No mes de xaneiro terá lugar un encontro co autor para falar da súa obra, a técnica que utiliza, materiais, etc.
Poderase visitar no horario de apertura da Biblioteca no primeiro andar.