Daraja
Moret Art ten o pracer de convidarche á inauguración da mostra "Daraja" de MARCOS TAMARGO, artista xixonés afincado en Miami de gran proxección internacional, retratista das mulleres premio Nobel e dos Premios Princesa de Asturias.

Moret Art ten o pracer de convidarche á inauguración da mostra "Daraja" de MARCOS TAMARGO, artista xixonés afincado en Miami de gran proxección internacional, retratista das mulleres premio Nobel e dos Premios Princesa de Asturias.
A través de 60 pezas organizadas en seis seccións diferentes, a exposición 'Sempre palpitante. Emilia Pardo Bazán' presenta na Biblioteca de Galicia un percorrido que achega á cidadanía exemplares das obras máis coñecidas da intelectual galega, como unha primeira edición da súa primeira novela, publicada en 1879, Pascual López: autobiografía de un estudiante de medicina, ou títulos como La Tribuna (1882), ademais de Los Pazos de Ulloa, que saíu á luz en Barcelona en 1886 xa na súa etapa de madurez como escritora.
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada.
Paneis divulgativos e bibliografía sobre a vida e obra de Reimundo Patiño, homenaxeado no Día da Ilustración 2022.
Zona de exposicións da biblioteca.
Todos os públicos.
Do 10 de xaneiro ao 12 de febreiro.
Exposición que recolle a historia dos libros premiados co prestixioso Premio Andersen de ilustración.
Sala Infantil. Público familiar.
Do 10 de xaneiro ao 12 de febreiro.
Existen destacadas obras literarias nas que o inverno está presente dalgún xeito nas súas tramas como un personaxe máis, e nas que o frío, a choiva, o xeo e a neve serven de metáfora e escenario a narracións políticas, sociais ou sentimentais. Nesta mostra bibliográfica seleccionamos un conxunto de libros nos que, ben sexa pola súa temática, ilustracións ou polo momento histórico e cidade na que se desenvolven, resúltannos máis agradables para ler nesta xélida estación do ano. Imos resgardarnos na literatura!!
Facer o máximo co mínimo, resaltar a diferenza, o estraño, o «exterior» a través dos referentes máis banais e manidos: esa é a economía artística de Pierre Ardouvin.O seu uso de materiais, motivos e obxectos domésticos, manifestamente subvertidos, está deseñado para desafiar as emocións sen enganar realmente as percepcións.
Esquecidas comprende os traballos de 12 mulleres artistas, afastadas en certa medida do circuíto comercial e oficialista, pero con gran importancia no contexto histórico artístico do século pasado.A mostra reúne e pon en valor unha colección de 20 obras de grandes pintoras que o devir histórico deixou almacenadas nun anaquel do esquecemento.O percorrido expositivo establece un achegamento a diversas vertentes estéticas abordadas por diferentes mulleres creadoras.
Esta exposición consta de 20 paneis sobre o pasado, o presente e o futuro do deporte galego e as súas reivindicacións a prol das seleccións nacionais galegas e da necesidade de que o pobo galego teña representación de seu na esfera internacional. Ten carácter itinerante e exhibirase en 35 cidades e vilas galegas durante este ano 2021 e o próximo 2022.
+ INFO
Origami, de papel a obra de arte é unha exposición que chega a Pontevedra, formada por unha selección de 150 modelos de figuras de papel, creados por 50 autores de 17 países diferentes.
As obras pertencen á Escola Museo Origami Zaragoza, un dos poucos museos de papiroflexia que existen no mundo.