Contos contados: historias da tradición oral
Cada 20 de marzo, coincidindo co Equinoccio da primavera, celébrase o Día Internacional da Narración Oral , para festexar a arte de contar de “viva voz” o que chamamos “Contacontos”. Para a Unesco as tradicións e expresións orais forman parte do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, na Sala Infantil, celebramos esta data cunha exposición e selección bibliográfica de libros que falan e recompilan contos da narración oral.

