Os contos de Joselín
Historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares… Baseado no libro Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954), o espectáculo recolle a tradición dos contacontos a través da figura de Joselín, o narrador galego de máis éxito de todo o século XX. Cadaval, Celso e Guti funden as súas narracións e dan renda solta á súa capacidade de improvisación narrativa abordando temas de actualidade e establecendo, en colaboración co público, un circuíto de información alternativo.

