O segredo do pergamiño Vindel
Música e narración son os ingredientes que adobarán o relato do que aconteceu co chamado pergamiño Vindel e as cantigas do trobador vigués Martín Codax. Nenos e adultos interesaranse por este período da literatura universal a través do relato dun achado do que se conmemoran, en 2014, os cen anos.
Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, que desenvolve a Rede Galega de Bibliotecas.

