Sábados rapaces contentos
O grupo Trécola leva a cabo actividades lúdicas e instructivas para os rapaces entre 6 e 12 anos.

O grupo Trécola leva a cabo actividades lúdicas e instructivas para os rapaces entre 6 e 12 anos.
Humor e retranca da man de Rober Bodegas. O recoñecido monologuista subirá ao escenario para facer rir aos asistentes co seu espectáculo "Antología sin filtro", unha recompilación dos seus mellores monólogos cos que leva arrancado ducias e ducias de gargalladas. Pero "Antología sin filtro" tamén inclúe unha parte nova na que Bodegas fala de vivencias sexuais reais e fracasos sentimentais.
A Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia interpreta contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
A cargo de Lisístrata, sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos, na que se afonda no respecto ao medio
Sinopse: Somos parte da natureza, somos naturais coma as árbores, a auga, os paxaros..... xogando e contando, defendemos e concienciamos da importancia do noso hábitat e así respectalo e coidalo
Julián López e Raúl Cimas chegan co seu novo show "Toda la verdad sobre el oso hormiguero" co que dan renda solta á comedia tan característica da que fixeron gala toda a súa carreira.
Con este novo show Raúl Cimas e Julián López demostran que son dous dos cómicos máis en formas do país, crítica e público aválanos: tres tempadas seguidas na carteleira en Madrid e a súa xira de éxito por todo o pais dio todo, un show para partirse de risa con estes xenios do absurdo.
O polifacético Carlos Meixide, ofrece con este monólogo unha escolma dos mellores números da súa dilatada carreira como humorista, que van do humor raiano no absurdo, cando non absurdo en si mesmo, á apoteose final das súas "extraordinarias exhibicións memorísticas".
Sesión de contacontos onde se incide en que non todas as familias son iguais, hai familias diferentes, pero todas se queren.
Na sala multiusos cunha capacidade para 20 nenos e nenas, de 4 a 8 anos de idade.
Este espectáculo de contacontos é unha recolleita de historias e relatos de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a naturaleza, que se celebra na biblioteca co gallo do Día do Teatro, o 27 de marzo.
Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en nenos de 0 a 3 anos e descubrindo a creatividade individual e colectiva e fomentando a interrelación familiar.
Realizado por integrantes de Xeitura, Xestión Integral do Patrimonio Cultural.
Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é un dos humoristas con maior traxectoria e recoñecemento deste país.
Escritor e director consolidado, presenta o seu espectáculo: “El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable”.