Contos cos trasnos
Contacontos gratuíto para nenos de máis de 3 anos pola Compañía do Trinke-Trinke.

Contacontos gratuíto para nenos de máis de 3 anos pola Compañía do Trinke-Trinke.
Descubrimento dos sentidos a través de novas metodoloxías educativas, aplicando a divulgación e o interese da prelectura en nenos de 0 a 3 anos e descubrindo a creatividade individual e colectiva e fomentando a interrelación familiar.
Contos de risa, trasnos e caperucitas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas na nosa imaxinación, entraremos no mundo da fantasía e o enxeño...
Un espectáculo teatral de Matapiollos, co gallo da celebración o 27 de marzo do Día do Teatro. A compañía fai viaxar aos cativos e cativas ao interiór das historias dun libro. Para saber quen vive dentro, só deben deixarse levar por esta divertida proposta.
Que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro... Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?
Para nenos e adultos, con participación dos asistentes. Divertida e sorprendente. Sempre con relación aos libros e contando unha historia que une os xogos
Sinopse: O do medio de moitos irmáns que resultou ser superdotado ata que rematou vivindo con unha paga por tonto.
Coa narración desta tráxica vida, o humorista Xosé Touriñan aborda en máis de unha hora temas de actualidade e historias clásicas, todo desde o humor retranqueiro que leva a unha viaxe emocionante para escachar coa risa.
Brais das Hortas presenta Contos de defuntos e outros asuntos, unha velada de contos na que os participantes mergullaranse nos misticismos da nosa cultura, historias terroríficas que non lles deixarán durmir da risa.
Unha vez comezada a función, as portas pecharanse.
Esta actividad forma parte da programación cultura Seráns de Cultura, da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo
Espéctaculo de animación á lectura con contacontos, títeres e maxia; interectivo, dinámico e moi divertido.
Ademais de contos, trabalinguas, cancións, concursos etc
Nesta sesión de contacontos o duende Dada deleita os máis pequenos e pequenas cun repertorio de contos marabillosos nos que se traballan diferentes valores. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.