Tonto el que lo lea
Este é un espectáculo en constante evolución. É unha recopilación oral de monólogos e improvisacións cómicas mesturadas con coñecidos temas de actualidade cos que Javier Veiga reflexiona, mediante experiencias vividas ou imaxinadas, sobre algúns dos temas que máis preocupan ao ser humano en xeral e ao seu propio embigo en particular.
"Tonto el que lo lea" acadou o Premio ao Mellor Espectáculo no X Festival Internacional do Humor de Madrid.

