Contacontos interpretado na lingua de signos
A Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

A Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia interpretará contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Sesión de contacontos dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Contos de risa e de medo. Contos que queren brincar. Contos de día y de noite. Contos...para escoitar e contar.
Sesión de narración oral de Sherezade Bardaji.
Din que houbo unha nena que soñou letras unidas por unha aperta para o negro mundo.
E as palabras chegaron. Fixeron a viaxe metidas nun caderno... navegando durante a noite entre soños e lúas.
Cando chegaron estaban pletóricas, agradecidas, as palabras... convertéronse como por azar en contos.
Dúas exploradoras, despois das súas longas viaxes, quedan de reencontrarse no lugar que elas ben saben e a hora que xa saben para intercambiar historias das súas aventuras.
Sinopse: Un día pedíronnos silencio. Nós non o coñecíamos. Entón saímos a buscalo. Nada estaba quedo, todo tremía. Queriamos atopalo pero todo se movía, así que o silencio fuxía. Pero algo descubrimos, i é que se nos movemos vibramos e se vibramos sonamos. Así que logo de moito insistir en buscar o silencio e non atopalo, decidimos abanear o corpo ben forte e facer música.
Sesión baseada nas accións en inglés. Os cativos traballan as partes do corpo e unha selección de verbos de movemento.
Empregaránse cancións, xogos de mímica e coordinación, e xogos de vocabulario.
"KAMISHIBAI, en xaponés, quere dicir "teatro de papel” sen embargo, é moito máis que iso: todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinanzas. O kamishibai, orixinouse nos templos budistas de Xapón, onde os monxes, utilizaban os "emakis"; que en realidade eran uns pergameos no que combinaban escritos con imaxes, para compartir mensaxes con ensinanzas aos mais novos . Os contos narrados no seu Kamishibai, lévannos a unha viaxe a través de lendas e mitos de distintos lugares do planeta.
Contos e cancións para os máis cativos narrados con efectos sonoros, xogos onomatopeicos e libros de imaxes. Para escoitar á calor deses colos que arrolan como berces.
Contacontos para nenos de máis de 3 anos pola Compañía do Trinke-Trinke. Con esta activdade de narració oral, a biblioteca celebra o Día da Lingua Materna.
Contacontos para nenos oíntes e xordos de máis de 3 anos, co obxecto de levar a cabo na biblioteca actividades a prol da integración.