Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Reggae Night

A SalaSuper8 acolle un novo evento reggae na cidade de Ferrol, con Mr. Mou de frontman facendo os seus propios temas e ademais cantando algúns dos ritmos máis clásicos da música xamaicana cunha formación de banda ao máis puro estilo roots reggae.

Despois do concerto en vivo, Natural Green encargarase de manter alta a vibración e de facer bailar a toda a sala coa súa exquisita selección de vinilo.

Galego

Calcutá

No marco do ciclo Placeres Ocultos, chega a Santiago Calcutá, o proxecto en solitario de Teresa Castro. Castro é a voz e a guitarra da banda portuguesa Mighty Sands. En Santiago presentará o seu último traballo Over Night

As entradas teñen un prezo de 7 euros (anticipado) ou de 9 euros (o día do concerto). 

Galego

SuperSonics

SuperSonics é un grupo homenaxe á mítica banda Oasis, así como un dos grandes expoñentes do britpop. Está composta por Chente Rodríguez (voz), Fer Farias (guitarra), Ángel Veiga (baixo) e Edu Núñez (batería).

Galego

Avon

Avon acaba de editar o seu segundo LP, Dave's Dungeon, e en maio virá presentalo pola península.

A banda formouse hai 3 anos en California coa lenda do stoner rock Alfredo Hernández á batería, Charles Pasarell ao baixo e James Childs á guitarra e voces, e xuntos conseguen crear unha mestura única de desert rock, psych pop e punk rock.

Galego

Michael Legend

O espectáculo musical Michael Legend foi o primeiro tributo musical ao rei do pop, Michael Jackson, de Europa, ao ser presentado en 2009 no primeiro Festival Mundo Tributo en Valladolid. 

Michael Legend é considerado o mellor tributo musical ao rei do pop da actualidade, que conta co mellor dobre da estrela: Ben Jackson, ademais dunha excelente formación musical, equipo de bailaríns, coros e demais artistas invitados, contando cun total de 12 artistas en escena.

Galego

Dellafuente

Dellafuente é un artista granadino que supón unha das revelacións do hip-hop, destacado por mostrar a realidade do día a día nas súas cancións e por fusionar a súa música con tinguiduras flamencas e autotune.

A pesar do seu moi curta traxectoria musical e realizar unha soa xira, conta cun amplo curriculum de festivais de primeira liña e un séquito de fans dignos dun artista con anos de experiencia.

Galego

Beyoncé Single Ladies

O tributo a Beyoncé nace en Madrid por parte dun grupo de artistas que admiran á que é considerada hoxe en día como a cantante máis importante do mundo. O espectáculo será un repaso dos mellores temas da súa traxectoria, así como as cancións doutros cantantes que marcaron á artista, cun total de 30 cancións de Beyoncé (a maioría en medleys) e 8 doutros cantantes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto