Film Symphony Orchestra: Especial John Williams
Volve a Film Symphony Orchestra, a orquestra sinfónica líder en música de cinema, cun novo tour no que renden homenaxe a John Williams, o compositor gañador de 5 Óscars e nomeado 59 veces a este premio.
Este tour conta con máis de 60 concertos repartidos por toda España e Portugal. Trátase dunha xira moi especial na que se interpretarán os mellores temas do xenial compositor, dirixidos polo carismático director de orquestra Constantino Martínez Orts.

