Los Motores + La Sombra
A banda galega de rock interpretará temas do seu último disco, Rotos por las costuras.
Ademais estarán acompañados polo grupo La Sombra.

A banda galega de rock interpretará temas do seu último disco, Rotos por las costuras.
Ademais estarán acompañados polo grupo La Sombra.
Concerto do compositor e guitarrista de jazz Tulio Augusto.
Ao longo desta xira visitará diferentes cidades de Galicia, facendo unha parada en Ourense, concretamente no Café Cultural Auriense.
A banda asturiana presenta o seu novo traballo From the men we are. E tamén interpretará temas clásicos do blues rock.
Consciente é o novo disco da cantante asturiana.
Este traballo está composto por trece temas entre os cales hai versións de cancións de Chavela Vargas, Mercedes Sosa e Violeta Parra. Ademais conta coas colaboracións de Victor Manuel, Rozalén e Pandereteres de Fitoria.
Durante este concerto interpretaranse obras de Astor Piazzolla e Nisinman.
Desta volta Ensemble Vigo 430 contará coa colaboración da violinista Rusanda Panfili, a violista Dana Zemtsov e o compositor Marcelo Nisinman.
Concerto de música electrónica.
Antes de comezar o concerto os dous grupos falarán sobre a música electrónica do pasado, do presente e do futuro.
Xa pasaron 25 anos dende que saíu á luz o disco Básico I de Revólver, un disco que sen dúbida marcou un antes e un despois tanto na carreira da banda como nos concertos acústicos básicos. A banda ofrecerá un concerto xunto a algunhas sorpresas que pretenden rememorar os éxitos de Básico I e outros temas.
Mercedes Peón é unha das artistas máis carismáticas do panorama musical galego grazas ás raíces da tradición na súa música. Este ano estreou un novo traballo no que incorpora unha faceta inspirada en espazos sonoros con sons a partir de gravacións en estaleiros navais, incorporando o poder evocador do formato poético ou proporcionando o contraste do piano atmosférico.
Actuará na Coruña con motivo das festas de María Pita.
Grandes éxitos é unha comedia escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio, con dirección musical de Julio Awad e coreografía de Federico Barrios, protagonizada por Jorge Javier Vázquez e Marta Ribera. Nela repasaranse algunhas das máis famosas cancións da historia. Un vibrante repertorio para conseguir que o público comprenda que, por moitas débedas que colguen do pasado, a verdadeira amizade sempre consegue abrirse camiño.
O cantante Anxo Vigo é un home de marcado carácter altruísta que conta cunha longa carreira musical. Nesta ocasión presentará o seu primeiro disco en galego A ledicia de ser galego, na véspera do Día das Letras Galegas. A recadación íntegra do concerto será destinada á Cociña Económica coruñesa.
Coas súas letras reivindica a música en galego que se afasta do tradicional, e por iso ofrecerá un concerto exclusivo, con temas propios que viran ao redor da súa vida, cheos de paixón e sensibilidade.