Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cepeda

Luis Cepeda, un dos concursantes da última edición de Operación Triunfo, alcanzou o número un nas listas de ventas de España co seu single Esta Vez, ademais de conseguir 4.5 millóns de visitas no videoclip en YouTube.

O seu primeiro álbum saíu á luz o 28 de xuño, e contén cancións elaboradas por el mesmo coa axuda do produtor e compositor David Sansebastián.

Galego

Concerto Singular

Premio do Público Festiclown 2017. Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Galego

De Carajillos

De Carajillos é un grupo bacelonés que ofrece temas propios de estilos como rumba, cumbia, reggae, ska e diversas influencias latinas e mediterraneas. 

Actuarán na SalaSuper8 con entrada de balde para o público.

Galego

Second

Os protagonistas deste concerto de Escenarios Mahou será a da banda murciana Second: Sean Frutos (voz), Jorge Guirao (guitarra), Nando Robles (baixo), Javi Lorenzo (guitarra e teclados), Fran Guirao (batería). O nome do grupo provén dos seus inicios, cando se presentaban a concursos de talentos e sempre quedaban os segundos.

Galego

Super Bock Morrasound Rock Fest 2018

Un ano máis, desta vez en xullo, volve o festival Morrasound. No apartado musical, nesta edición participarán Los Deltonos, Sés, Guadalupe Plata, The Parkinsons ou The Soul Jacket, entre outros. O festival contará tamén coa presencia de Leo Bassi e haberá competicións sobre bicicletas de Speed & Style, PumpTrack e DirtJump.

O abono son 20 euros e as entradas de día 15.

Galego

Atardecer no Gaiás

Un ano máis a Cidade da Cultura acolle Atardecer no Gaiás, un ciclo musical no que se recibe á noite escoitando música e que é un escaparate das tendencias musicais actuais. A programación de 2018 contará con 21 concertos, nos que a actualidade musical galega terá un peso importante e que contará nesta edición con maior presenza das músicas urbanas e a aposta polas voces femininas.

Os concertos arrancan o 5 de xullo con The Shirley Davis & The Silverbacks e rematan o 18 de agosto con Tremenda Jauría. 

Galego

Música no FICBUEU

Aínda que o protagonista principal do FICBUEU, o festival de curtas en Bueu, é o cine, a programación complétase tamén con música. Xoel López, De Vacas e Radio Bulebule serán quen encabezarán a oferta musical con cadanseu concerto, aínda que haberá actuacións en directo tamén noutros momentos do certame.

Galego

Música no Camiño 2018

Nesta nova edición do ciclo musical celebraranse un total de 25 concertos gratuítos abertos ao público, e especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan a Santiago. Participarán bandas de música popular de Galicia que teñen como obxectivo difundir a cultura xacobea.

En caso de mal tempo os concertos desenvolveranse nun espazo pechado preto da catedral. Nesta ocasión participará a Banda de Música de Noia, dirixida por Manuel Molinos Rivas.

Galego

Música no Camiño 2018

Nesta nova edición do ciclo musical celebraranse un total de 25 concertos gratuítos abertos ao público, e especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan a Santiago. Participarán bandas de música popular de Galicia que teñen como obxectivo difundir a cultura xacobea.

En caso de mal tempo os concertos desenvolveranse nun espazo pechado preto da catedral. Nesta ocasión participará a Banda de Música de Abegondo, dirixida por Pablo Álvarez Rodríguez.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto