Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sidecars

Con motivo das Festas da Peregrina deste 2018, actuará en Pontevedra a banda madrileña de rock Sidecars. 

Juancho (voz, guitarra solista), Manu (guitarra rítmica, coros), Gerbas (baixo) e Ruly (batería) son Sidecars, unha banda que debutou discográficamente en setembro de 2008 co lanzamento do seu primeiro disco e co directo como vocación, e que en poucos anos conseguiu ocupar un posto folgado no panorama musical español. 

Para celebrar os seus dez anos de carreira, Sidecars gravaron un disco en directo, Contra las cuerdas, que foi publicado este ano.
 

Galego

Bunbury

Bunbury é un cantante, compositor, multinstrumentista e músico español de rock.

Comezou na música durante os primeiros anos da década dos 80 formando parte das súas primeiras agrupacións, aínda que a súa consagración chegou sendo o vocalista e líder da banda Héroes del Silencio, grupo musical de gran éxito e considerada por moitos una das mellores bandas de rock en español.​

Tras a ruptura da banda en 1996 comezou a súa carreira como solista no ano seguinte, converténdose nunha importante figura no ámbito musical español e hispanoamericano.
 

Galego

Gloria Gaynor

A cantante de música disco e soul Gloria Gaynor abrirá as festas de agosto da Coruña cun concerto gratuíto na praza de María Pita, tras a lectura do pregón, o 1 de agosto. A artista estadounidense, de 68 anos e autodenominada a Raíña do Música Disco, celebra este ano as catro décadas do seu éxito máis popular, I Will Survive.

Gaynor, que actuou na praia de Riazor en 2002, é a primeira confirmación do cartel das festas de María Pita.

Galego

Polymorphics

Polymorphics é un quinteto musical da zona de Ferrolterra formado por Elo (voz e guitarra), Fer (guitarra e coros), Buby (guitarra), Juanra (batería) e Ángel (baixo e coros), e tocan música de estilo Pop, Rock, Funk e Fusión. 

Galego

BLACK

Este mes de xullo cúmprense 7 anos desde o falecemento da talentosa artista británica que devolveu o soul ás listas de mainstream e fíxose con 7 Grammys. Por iso, o grupo BLACK decide homenaxeala interpretando as súas cancións.

Galego

Ingar Zach

Ingar Zach é un dos percusionistas improvisadores máis relevantes da escea internacional, ademais de compositor e produtor.

É coñecido pola ampla gama de sons que saca do seu instrumento. Toca a percusión dun xeito moi dinámico, cheo de enerxía. Emprega percusión caseira, gongs e dispositivos semellantes. Na actualidade adícase á música improvisada contemporánea e está de xira regularmente por todo o mundo.

Ingar é membro das bandas Dans Les Abres, Mural, Huntsville, No Spaghetti Edition, Flore de Cataclysmo,O3, Looper, Muta ou Labdfield entre moitas outras.

Galego

Montclair e Lamprea Explosiva

Lamprea Explosiva é unha banda de Vigo formada por Adán e Alén, guitarra e batería, facendo punk primitivo, cancións curtas e directas. 

Montclair é un grupo da militancia mutante, adícanse a facer pasaxes instrumentais de longa duración en formato de alto volumen, música que bebe do drone, do ambient, do noise e do underground en xeral. Música contextualizada mediante proxeccións que amosan diferentes aspectos da nosa vida e que nos perxudican a todos. 

Galego

Mariza

Mariza é a gran embaixadora contemporánea da música portuguesa, a voz que fixo do Fado o seu cartón de presentación e o traballo da súa vida, pero nunca se limitou a un só xénero.

En 2001 converteuse nun fenómeno mundial co seu álbum debut Fado em Mim, e este ano trae o seu último disco Mariza,  unha sedutora mestura entre o clásico e o moderno, o pasado e o futuro. 

Galego

Rayden

Espazo Mahou regresa este ano á Coruña para converterse de novo, e durante dous meses, nunha referencia para o lecer innovador en Galicia.

Cada semana haberá visitas de artistas de primeira cos Encontros Musicais de Espazo Mahou Coruña; experiencias únicas que teñen por protagonistas a artistas sorpresa cuxa identidade se desvelará con só tres días de antelación.

Esta semana o invitado para actuar é o rapeiro Rayden, quen compartirá co público os temas do seu último traballo de estudo, Antónimo, e outros éxitos da súa traxectoria musical. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto