Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

MCarballo + Mino y los Imposibles

MCarballo  é unha banda ourensana de pop-rock liderada por Manuel Carballo, un guitarrista e compositor con máis de 30 anos de traxectoria musical. O resto dos integrantes da banda son David Outumuro, Marcos Vázquez, Efrén Novoa, Alfonso Aydillo e Cecilia Martínez.

Nesta ocasión virán acompañados da banda Mino y los Imposibles.

Galego

Tandub

O proxecto TanDuB nace do encontro entre músicos de Galicia e Marrocos na procura da fusión dos sons de ambos paises. Xurde unha mistura de influencias lonxanas entre si, pero con sorprendentes puntos en común, pasando do gnawa marroquí ao reggae, e fusionado con ritmos electrónicos.

Galego

Malandrómeda

Malandrómeda é un grupo musical compostelán de rap que está de xira previa a estrea do seu novo álbum. Estarán tocando na Sala Super8 de Ferrol e no Liceo Mutante de Pontevedra.

Galego

Colectivo Trasnoise

Trasnoise nace no ano 2014 coa intención de dar máis visibilidade aos concertos metal e stoner de Galicia. Lanzaron un blog e comenzaron a buscar información sobre as bandas galegas, descubrindo que en Galicia había moitas, algunhas de gran calidade, e decidiron ir máis alá creando un listado de bandas e publicando o Informe Semanal Trasnoise con toda a actualidade da escena de Galicia.

Galego

Enredando con Pakolas

FalaRedes trae unha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias. Un concerto en que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

Galego

La casa de los ingleses en concerto

La casa de los ingleses é unha banda pontevedresa de indie pop, de cancións brillantes e harmoniosas, melódicas, envolventes e evocadoras, cun toque melancólico nalgunhas ocasións, sen reprimir o seu instinto máis rock nalgúns dos seus temas, todo iso primando sempre as melodías pop próximas e sen grandes artificios.

Este primeiro EP foi seleccionado recentemente como unha das dez mellores demos galegas de 2015 pola revista Mondo Sonoro.

Galego

Voces do mundo

O grupo está formado pola solista soprano Clara Panas, a mezzosoprano Blanca Padín, o tenor Andrés Meléndrez, e o barítono Pablo Nieves.

A dirección do maestro británico Rupert Twine, pianista, confire un divertido aire de swing a todos os seus temas e un xogo do máis divertido e entretido cando os instrumentos se mesturan co canto vocal e cando as voces imitan aos instrumentos. Todo isto condimentado con pinceladas de gran humor, fan un agradable e orixinal espectáculo.

Galego

Guezos en concerto

Guezos presenta una colección totalmente nova de cancións, produto dun longo traballo de estudio e preproducción a conciencia de cada tema.

Novas cancións para un directo máis que consolidado durante 15 anos de traxectoria, con 5 discos de estudio, 2 recompilatorios, programas de tv, radio...

En 2015, Guezos presenta o EP Un longo Camiño con 4 cancións gravadas en Xilgaro Estudio.

Galego

Guadi Galego

A presentación do novo traballo de Guadi Galego, O mundo está parado, foi un evento coral no que a artista fíxose acompañar dos músicos que participaron na grabación e arranxos do disco así como colaboracións especiais para un evento único.

Nesta recta final Guadi Galego farase acompañar polo seu trío de ventos e cuarteto de corda, os mesmos que fixeron a grabación no seu día de O mundo está parado, nun concerto moi especial que se aproxima ao son do disco, mais con todos os alicientes da música en directo.

Galego

Asaf Avidan

Avidan, quen visita por vez primeira Galicia, caracterízase por un rexistro vocal andróxino que, segundo a prensa especializada, ben pode evocar tanto a Jeff Buckely como a Nina Simone. Tras os seus inicios percorrendo os escenarios do seu país con Now That You’re Leaving, o seu primeiro EP, e a creación da súa banda, Asaf Avidan and the Mojos, o artista retomou a súa carreira en solitario.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto