Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pablo Castaño Quartet

Pablo Castaño Quartet presenta o seu primeiro disco A-la-láa, gravado en formación de cuarteto. A presentación faráse en vivo no Teatro Colón por primeira vez, coa colaboración especial da cantante Ugia Pedreira.

Pablo Castaño é un referente do jazz galego, e neste disco está acompañado de dous dos nomes máis relevantes da escena galega como son o pianista residente en Nova York Yago Vázquez e o batería Max Gómez.

Galego

La Penúltima

A banda de rock e blues lucense La Penúltimaformada por Carlos (percusión e voz), Javi (guitarra e coros), Domin (baixo), José-Antonio "Tapi" (batería) e Manuel (teclado), estará tocando no Clavicémbalo, rendendo tributo ao cantautor Joaquín Sabina.

Galego

Troy Redfern

Troy Redfern é un músico de estilo roots, blues, rock e experimental que, xunto a Alex Bridge (percusión) e Stjohn Milinzcuk (baixo), forman a agrupación The Troy Redfern Band. Redfern, pola súa banda, ocúpase da guitarra e pon a súa voz para as melodías que a banda interpreta.

Galego

Noemí Mazoy

A soprano Noemí Mazoy estará acompañada por Valery Zviarzhevich ao acordeón, Germán Barrio ao piano e Cristina Nogueira Pérez ao violoncello.

Os beneficios deste concerto estarán dirixidos á construcción de catro vivendas adaptadas na área de Kalyandurg na India.

Galego

Boyanka Kostova + Esteban & Manuel

Boyanka Kostova é o nome dunha ximnasta de alterofilia, con todo, tamén é o nome da primeira banda de trap en galego. O Chico do Funk e Cibrán García conforman este peculiar dúo de música urbana. A banda demostra en cada directo que só vai a máis. A súa xira de verán levounos a tocar a festivais como o Festival Noroeste Estrella Galicia.

Galego

Matt Woods & The Natural Disasters

Matt Woods e un compositor de Tennessee que pasou moito tempo conducindo por todos os Estados Unidos repartindo as súas cancións a calquera que se interesara por escoitalas. Con tres discos de larga duración no mercado, algúns definen o que fai como Outlaw Country ou Americana, pero el non se quere etiquetar. 

Moitas das suas cancións están baseadas na música country de raíces americanas, mentras que outras básanse no rock’n’roll directo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto