Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os Viqueiras de Ordes

Os Viqueiras de Ordes é unha banda de música folk formada por Manuel Viqueira (gaita), Serxo Núñez (gaita e clarinete), Alberte Núñez (acordeón), Beni Frecha e José Antonio Vázquez (percusión).

Interpretan pezas do libro disco titulado Vilaverde, nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo, Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal renden homenaxe, así como a todos os vellos músicos tradicionais de Ordes.

As pezas, moitas delas cantadas, foron recollidas nesta zona e arranxadas co seu toque persoal.

Galego

Radio Bulebule

Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Radio Bulebule defínese como a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Dentro dela, din, soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.

Galego

Do Pasodobre á Muiñeira

Co gallo das Festas da Ascensión a Banda Municipal de Música celebra un concerto na Rúa do Vilar.

Programa:

Gregorio BAUDOT (1884-1938)
LUGO - FERROL, Pasodobre

Giuseppe VERDI (1813-1901), Trans. F. Cesarini
GRAN FINALE – ACTO II, dall’ opera “AIDA” (1871)

Francisco A. BARBIERI (1823-1894)
EL BARBERILLO DE LAVAPIÉS, Selección da Zarzuela (1874)

Leonard BERNSTEIN (1918-1990)
WEST SIDE STORY, Selección (1957)

Luis BRAGE (1886-1959)
FOLLAS NOVAS, Rapsodia galega (1920)
 

Galego

170 anos da nosa Banda

Programa:

Héctor BERLIOZ (1803-1869)
EL CARNAVAL ROMANO, Op. 9, Abertura (1844)

Antón ALCALDE (1992)
What do you think about the dropping of atomic bombs in Hiroshima & Nagasaki? (2018)

Arturo MÁRQUEZ (1950)
DANZÓN Nº 2, (1994) Arr. A. Saavedra

Reveriano SOUTULLO (1880-1932)
PUENTEAREAS, Pasodoble gallego (1929) Arr. C. Mouriño

Piotr I. CHAIKOVSKI (1840-1893)
OBERTURA 1812, Op. 49 (1882) Arr. A. Saavedra

Galego

Angel Olsen

17º Delicatessen é un ciclo de concertos que se celebran por toda España como antesala ao 17º Festival da Ribeira Sacra.

A norteamericana Angel Olsen ofrecerá un concerto no que presentará os temas do seu último traballo, Phases.

Galego

Sandwina. Concerto The Lákazans

O grupo The Lákazans que neste comezo de ano 2018 está estreando o seu novo disco Sandwina, dedicado ao empoderamento da muller, e co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues aínda máis á música americana resolvendo con incrible facilidade en rockabillies, countries, soul e swings que non deixarán indiferente a ninguén.
 

Galego

La Porteña Tango

La Porteña Tango Trío & Eugenia Giordano representan o espectáculo Que me van a hablar de amor! dirixido polo guitarrista Alejandro Picciano.

A cantante Eugenia Giordano estará acompañada por un grupo de músicos e un corpo de baile.

Galego

Duquende

Apadriñado por Camarón cando era só un rapaz, Duquende foi o primeiro cantaor flamenco que deu un recital no teatro dos Campos Elíseos de París, en 1996. Desde entón ten colaborado con artistas como Tomatito, Juan Habichuela, Juan Manuel Cañizares ou Vicente Amigo. Nesta nova xira estará acompañado de Paco Heredia á guitarra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto