Los Gandules
O dúo musical que versiona grandes éxitos do pop visita Galicia para presentar o seu último traballo, Noches de Bingo.
Dun Gandul e Tobo Gandul farán que o seu público escache coa risa.

O dúo musical que versiona grandes éxitos do pop visita Galicia para presentar o seu último traballo, Noches de Bingo.
Dun Gandul e Tobo Gandul farán que o seu público escache coa risa.
Zen Garden é a banda italiana que realiza o mellor tributo do mundo aos aclamadísimos U2. Está liderada polo cantante Zeno Sala, mundialmente coñecido por especializarse en clonar á perfección ao autentico Bono. A banda tamén está integrada por Matt nas guitarras, Simone no baixo e Rick na batería.
A banda respecta detalles moi importantes dos directos e realiza unha posta en escena impecable coidando todos os aspectos de son, instrumentos, repertorio, vestiario e caracterización para levar ao escenario unha réplica fiel de U2.
Habitación Vudú é unha banda de música formada por Jose Freiria (voz e guitarra), Justo Freiria (batería), Rubén Seoan (baixo) e Isidro Vidal (guitarras).
Os seus inicios remontánse á súa xuventude, cando pasaban as tardes tocando xuntos. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.
Berta BitterSweet é unha cantante e compositora bilbaína cun estilo moi persoal. Desde moi pequena tivo contacto co mundo escénico, sendo modelo de publicidade desde os 3 anos ademais de gañar diversos concursos de karaoke, interpretación e canto.
Non foi ata 2011 cando se lle ocorreu mostrar as súas letras, deixarse oír e comezar a probar sorte coa música.
Silvia Penide e Carla López son duas músicas e compositoras que hai dous anos crearon o espectáculo FemininoPlural, co que queren facer visible a importancia da muller como creadora de cancións e de textos. O seu repertorio abarca artistas como Amaral, Julieta Venegas, Ses ou Guadi Galego.
Elas Son Artistas é o primeiro festival metropolitano de música e arte pola igualdade.
Nastasia Zürcher é unha moza cantante con media nacionalidade suíza-galega que viviu durante máis de dez anos en Galicia. O seu último disco inspírase nas terras galegas e en Madrid.
As súas melodías unen diferentes ritmos e xéneros como o pop, folk e soul. Ela é moi creativa e crea unhas melodías auténticas e únicas no mundo, mesturando diferentes estilos.
Som do Galpom é un grupo de rap orgánico que formouse no ano 2005, integrado por Gael Bassave (voz), Brais Bassave (violín), Guillermo Vistoso (guitarra), Iván Bernárdez (baixo) e Pablito Mordecán (batería).
No ano 2009 publicaron o seu primeiro disco Em terra de ninguém, seguido por A galinha de Troia no ano 2013.
Neste 2018, despois dun parón de mais de un ano, foron galardoados cun Premio Martín Códax da Música, xusto cando comezaron unha nova etapa con enerxías renovadas.
A Sala Súper 8 celebra o festival de música metal, Metalfest.
As bandas participantes serán:
O cantante e compositor indie de Barcelona Carlos Sadness, que interpretará temas do seu último traballo, Diferentes tipos de Luz, que lanzou este último ano.
Durante o mes de outubro Galicia volve ser o destino do ciclo de concertos Escenarios Mahou. As mellores bandas de música do panorama español actuarán nestes escenarios.
Sin City Devils é un grupo de punk rock de A Coruña composto por catro membros: Red Kraken (baixo e voz), Chou King (batería), Stuntman Jay e Dannyboy (guitarra). Levan activos dende 2015, e durante a súa traxectoria compartiron escenario con grandes grupos internacionais. A finais do ano 2017 grabaron o seu primeiro disco, Ready for Madness, formado por 11 temas.