Fantasía musical con Jorge e María
Unha festa musical coas letras do abecedario! A actividade é concerto dinámico, con moita interacción co público e onde diferentes personaxes acompañan cada canción. Pop, hip hop, rock and roll ou aínda matices de swing mesturados con textos cheos de fantasía serven para achegar a poesía aos asistentes.
Esta actividade de Ler conta moito está pensada tanto para bebés, como para cativos de 3 a 11 anos e para colectivos con necesidades especiais. Máis información na biblioteca.

