Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Madison McFerrin

Madison McFerrin pode ser presentada, se se tira polo camiño máis fácil, dicindo que é a filla do famosísimo vocalista de jazz Bobby McFerrin, así como a irmá de Taylor McFerrin (renombrado produtor de soul futurista e o encargado de tocar os sintetizadores e xerar ritmos na formación R+ R= NOW, o novo proxecto de Robert Glasper). Pero o camiño máis fácil non sempre é o mellor. Así que imos referirnos a ela como unha das novas cantantes máis prometedoras da black music estadounidense, que sabe combinar a maneira de contar do pasado co son do século XXI.

Galego

Sax Ensemble

Programa:

- Aldemaro Romeu - Cuarteto latinoamericano

- Jean Francaix - Petit Quatuor

- Johan Sebastian Bach - Concerto Italiano (14)

- Gyorgy Ligetty - Seis Bagatelas (15)                  

Francisco Martínez, Francisco Ferreiro, Pilar Montejano, Miriam Casteláns (saxofóns)

Galego

O Son do Camiño 2018: Rodrigo Leão

Rodrigo Leão é un dos músicos e produtores máis destacados da escena portuguesa. Cofundador do influente grupo portugués Madredeus, comezou a súa traxectoria en solitario hai 25 anos.

Con motivo deste aniversario, convídanos a un directo espectacular cunha formación ampliada a 10 músicos e 2 cantantes e un traballo técnico meticuloso que nos deleitará con todo tipo de matices instrumentais. Será sobre o escenario onde o lisboeta trasladaranos a atmosferas sonoras máxicas co seu coidado pop e unhas vibracións repletas de melancolía.

Galego

Anna Calvi

A cantante e compositora británica de indie rock presenta o seu último álbum Hunter, publicado o pasado mes de agosto.

Calvi, gañadora dun premio BRIT e dúas veces nomeada ao Mercury  Music Prize, regresa aos escenarios despois de case cinco anos do seu anterior traballo. De voz desgarradora, foi comparada con artistas como Patti Smith e PJ Harvey.​

Galego

1980 Pop Festival

Un concerto irrepetible con máis de 3 horas de música en directo nas que poderemos escoitar todos os éxitos dos 80 da man dos artistas máis importantes dunha xeración única. Mikel Erentxun​, Nacho G. Vega de Nacha Pop​, Manuel España de La Guardia​, Javier Ojeda de Danza Invisible​, ​Carlos Segarra dos Rebeldes, ​Vicky Larraz de Olé Olé e outros. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto