Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Wolfmother

Wolfmother é un grupo de hard rock/stoner rock procedente de Sidney, Australia. A súa música está moi influída por algunhas bandas de rock dos setenta como AC/DC, Led Zeppelin, e Black Sabbath, así como por outras bandas máis actuais como The White Stripes ou Kyuss. 

En 2007 gañaron un premio Grammy á mellor interpretación de hard rock pola canción Woman do álbum Wolfmother.

Nesta ocasión, e con motivo das Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela, ofrecerán un concerto de balde para todos os asistentes.

Galego

Erin + Mala Rodríguez

Mala Rodríguez é coñecida polo seu peculiar estilo, perfilado entre o rap e o flamenco, e coa súa orixe andaluza sempre moi presente. A medida que madura como compositora, Mala atrae cada vez a un público máis grande. 

Erin é un artista de rap, raggamuffin, dancehall, integrante do grupo Comando Katana e o colectivo La utopía del norte, nacido en Santiago de Compostela en 1988.

Galego

BMSC & Gallaecia Big Band

Gallaecia Big Band é unha agrupación musical que nace na TVG como colaboradores de algúns programas da cadena. Consiste nunha banda integrada por 15 artistas (13 músicos e 2 cantantes) que interpretan un repertorio de clásicos do swing, twist, latin, boleros, mambos, rock and roll, boogies, etc.

Nesta ocasión, como parte do programa das Festas do Apóstolo deste ano, ofrecerán unha atuación de balde xunto á Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Galego

Black Mouth

Desde Madrid chega unha proposta musical innovadora e sorprendente: o urban funk de Black Mouth, unha fusión entre a música negra estadounidense e a electrónica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto