Concierto J Dose & Alber Stewar
J Dose & Alber Stewar (Los Chicos de la Lluvia) inician tour 2018/2019 acompañados dunha banda ao completo, presentarán os seus novos traballos en solitario, ademais dos seus temas máis máis coñecidos.

J Dose & Alber Stewar (Los Chicos de la Lluvia) inician tour 2018/2019 acompañados dunha banda ao completo, presentarán os seus novos traballos en solitario, ademais dos seus temas máis máis coñecidos.
A Orquestra Sinfónica Vigo 430 pecha a súa tempada 2018-19 ao grande, cun repertorio formado por obras excepcionais interpretadas por músicos realmente soberbios.
Poderase escoitar a 6ª sinfonía de Tchaikovsky "Patética" ademais do soado Concerto para Violoncello de Elgar, a cargo da violoncellista rusa Anastasia Kobekina.
Tras dous anos de estrada e máis de duascentas actuacións en directo, Jodie Cash Fingers presentan “ Rollin’ Swingin’ ” un primeiro álbum de debut composto por nove cancións propias e dúas revisións moi persoais de cancións de J. J Cale e de Bob Seger, que non só recuperan a esencia do xenuíno rock & roll clásico e de raíces, senón que ademais deleitan con country, surf instrumental, unha balada e mesmo cunha alegre rancheira.
Compostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa, que os levará tamén por Portugal, España, Reino Unido, Alemaña, Francia, Suíza e Italia. O trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial.
Este ano o grupo explorará o seu disco: Una semana en el motor de un autobús desde unha nova perspectiva, dunha maneira inesperada, única e irrepetible.
Los Planetas, xunto a un grupo de compositores-arreglistas especializados en orquestración, adaptaron o disco completo para quinteto de corda e piano. Xunto a Jota e Florent interpretarán o disco de principio a fin durante a celebración deste XX aniversario.
Rufus T. Firefly é xa, a pesar da mocidade dos seus compoñentes, unha banda considerada como de culto dentro do panorama independente e que crean nos seus directos un ambiente máxico con rock e doce psicodelia.
Tras o fabuloso arranque de novo ciclo con Grande, o rapero presenta novo tema: Éxodo
Ayax e Prok escriben rap desde fai máis dunha década. As súas letras son duras e á vez poéticas, en ocasións cun gran contido social e un directo contundente no que se deixan a pel.
Programa:
ILDEBRANDO PIZZETTI: Tres preludios para o Edipo Rey de Sófocles
CLAUDE DEBRUSSY: Iberia
RICHARD STRAUSS: AusItalien, TrV 146, op.16
O Ensemble Vigo 430 ofrécenos neste ambicioso programa a versión de cámara da 1ª Sinfonía de Gustav Mahler "Titán".