Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Amaia Montero

Con motivo da celebración da Festa do Mar este ano 2018 en Combarro, a cantante Amaia Montero, antigua líder da banda de pop español La Oreja de Van-Gogh, ofrecerá un concerto con entrada de balde.

Galego

Vandallica

Repaso aos maiores éxitos da banda nos discos Kill'em AllRidethe Lightning, Master of Puppets...And Justice For All e o Black Album. Os integrantes de VandallicA non só recrean o son, os arranxos e a estética da banda, senón que transmiten a mesma enerxía en cada concerto. VandallicA respecta a formación (voz e guitarra, guitarra solista, baixo e batería) e ten o son da época máis heavy de Metallica.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos lugares dos concertos.

Galego

De-xeneración

De-Xeneración baséase en temas do primeiro traballo de Pauliña, que saiu o 1 de maio do 2018.

Consta de temas country mesturados con rock, soul e blues, unha proposta innovadora, totalmente en galego e que vén a encher o espazo que faltaba na Galiza. Enriba das táboas, acompañando a Pauliña, cinco músicos cunha longa traxectoria e moitos quilómetros percorridos ao longo de máis de 20 anos de tocar por todo o mundo. Pauliña demostra nos seus concertos ao vivo que ten carisma, forza, carraxe, e moitas, moitas ganas de que o público goce coas suas cancións tanto como ela mesma.

Galego

Canciones desnudas

Patricia Kraus presenta a versión máis íntima (piano e voz) dos seus últimos discos, nunha homenaxe ás grandes voces femininas. Cancións de Mercedes Sosa, Aretha Franklin ou Nina Simone, xunto con temas propios, que fan desta proposta un concerto tan íntimo como espectacular.

Galego

A-la-láa

O cuarteto de Pablo Castaño é de tradición jazzística, composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería. Influenciado sen dúbida polos cuartetos e pequenos ensembles esenciais da historia do jazz, liderados por instrumentos de ventos; desde Lester Young a Charlie Parker, John Coltrane e un longo etcétera, se ben unha das novas formacións que máis inflúe neste grupo é a de Wayne Shorter.

Galego

Zënzar, 30 anos de rock en galego

Zënzar é o grupo decano do rock en galego e neste 2018 cumpre 30 anos de actividade ininterrumpida.

Tras a presentación en 2012 de Vaise armar, en 2013 fixeron unha extensa xira celebrando os seus 25 anos nos escenarios, sendo agasallados cun recopilatorio no que 18 bandas galegas versionearon temas seus. En 2014 prepararon o seu novo traballo, voltando no 2015 aos escenarios para presentar o seu séptimo traballo de estudio, Camiñando entre serpes. 

Galego

The Mirage en concerto

The Mirage é unha banda de rock en castelán, que revive a forma de transmitir o rock das bandas británicas e americanas dos anos 70 e 80, pero cun estilo fresco e actual no que combinan bases potentes con liñas melódicas e directas.

Os shows son dinámicos e enérxicos, e manteñen un bo ritmo durante todo o repertorio, intercalando temas propios con algunha improvisación para non deixar indiferente a ninguén.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto