Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Montserrat Martí Caballé, Cecilia Lavilla, Luis Santana e Antonio López

Terzettino é a formación que agrupa ás sopranos Montserrat Martí Caballé e Cecilia Lavilla Berganza, xunto ao barítono Luís Santana, acompañados ao piano por Antonio López. A calidade de cada un dos integrantes do colectivo fai que a súa unión garanta un concerto de gran fermosura, onde a lírica logra as súas notas máis destacadas. O programa é amplo, onde, individual ou colectivamente, cada artista dará o mellor.

Galego

Semana Musical de Noia

Noia acolle unha nova edición da súa Semana Musical, que nesta ocasión será tamén unha homenaxe a Felipe Paz Carvajal no primeiro centenario da súa morte.

Os concertos comezarán o xoves 22, cunha misa cantada pola Coral Polifónica de Noia na Igrexa de San Martiño, e rematarán o domingo 25, co concerto da soprano Esperanza Mara no Coliseo Noela. Entre unha e outra data, haberá concertos da Banda de Música Municipal de Noia, do Coro de Nenos e Xóvenes do Concello de Noia ou do Coro de Voces Graves de Vigo. 

Galego

ELE (Elena Iturrieta)

O sorprendente debut de ELE (Elena Iturrieta) con Summer Rain (ArcadiaMusic, 2015) trouxo consigo un gran éxito de crítica e público que á súa vez derivou nunha xira homónima por máis de 75 teatros de toda España, ademais dunha participación no festival SWSF de Austin (Texas) en 2016.

Abril de 2018 é a data elixida para lanzar o seu segundo traballo baixo o título What Night Hides, gravado no mítico estudo 2 de Abbey Road (Londres) e de novo con Pablo Cebrián á produción.

Galego

AAF 60 e Amigos

Alberto Cunha á voz e a guitarra, Andrés Cunha ao baixo eléctrico e voces e Rafael Otero "Feluco" á batería, reviven a mítica música das décadas de ouro do pop español. Un perfecto percorrido polos 60 e 70, recuperando cancións dos Brincos, Los Mustang, Creedence Clearwater Revival, Los Bravos e así un longo etcétera de grandes grupos e cancións.

Galego

The Beatles Tribute

Coas mellores cancións dos Beatles, a réplica dos seus traxes e os instrumentos da época, este espectáculo recrea toda a emoción e a enerxía dun auténtico concerto de John, Paul, George e Ringo.

O máis parecido que hai aos Fab Four, os Mersey Beatles son naturais, vibrantes e divertidos. Nados e criados en Liverpool, estes músicos con moito talento foron a banda local no lendario The Cavern Club durante dez anos, e foron recoñecidos pola mesma irmá de John Lennon, Julia Baird. 

Galego

ABBA Tribute

Un show cegador que repasa as cancións que durante unha década coparon os primeiros postos nas listas de éxitos. Tras a súa vitoria no festival de Eurovisión en 1974 con Waterloo, ABBA converteuse nun fenómeno global, encadeando un éxito tras outro: desde os ritmos que convidan a bailar de  Mamma Mia, Honey e Take A Chance On Me ata baladas amargas como Fernando e The Winner Takes It All.

Galego

El Niño de la Hipoteca

El Niño de la Hipoteca, cantautor e youtuber con millóns de reproducións nos seus vídeos, volve a Galicia, nas que serán as súas únicas actuacións na comunidade ata 2020. Estará en Santiago e na Coruña, onde repasará os seus principais temas.

As entradas terán un prezo de 12 euros, venta anticipada, e 15 euros no concerto.   

Galego

Nudozurdo

A formación composta por Leo Mateos, Ricky Lavado e Meta despídese dos escenarios tras 20 anos de carreira e cinco discos. 

O último deles é Voyeur Amateur, publicado en 2017, un álbum onde recuperan o selo de identidade da banda, con temas que percorren desde o escuro post punk ao kraut rock, combinando a potencia eléctrica e a base rítmica coas paradoxais letras. 

Este é o disco que Nudozurdo estivo a presentar ao longo do ano 2018, unha xira durante a que a banda anunciou a súa retirada. Esta é a única oportunidade de velos en Galicia. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto