Blues do Pais en concerto
Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.
A cantante de música disco e soul Gloria Gaynor abrirá as festas de agosto da Coruña cun concerto gratuíto na praza de María Pita, tras a lectura do pregón, o 1 de agosto. A artista estadounidense, de 68 anos e autodenominada a Raíña do Música Disco, celebra este ano as catro décadas do seu éxito máis popular, I Will Survive.
Gaynor, que actuou na praia de Riazor en 2002, é a primeira confirmación do cartel das festas de María Pita.
Polymorphics é un quinteto musical da zona de Ferrolterra formado por Elo (voz e guitarra), Fer (guitarra e coros), Buby (guitarra), Juanra (batería) e Ángel (baixo e coros), e tocan música de estilo Pop, Rock, Funk e Fusión.
Este mes de xullo cúmprense 7 anos desde o falecemento da talentosa artista británica que devolveu o soul ás listas de mainstream e fíxose con 7 Grammys. Por iso, o grupo BLACK decide homenaxeala interpretando as súas cancións.
Ingar Zach é un dos percusionistas improvisadores máis relevantes da escea internacional, ademais de compositor e produtor.
É coñecido pola ampla gama de sons que saca do seu instrumento. Toca a percusión dun xeito moi dinámico, cheo de enerxía. Emprega percusión caseira, gongs e dispositivos semellantes. Na actualidade adícase á música improvisada contemporánea e está de xira regularmente por todo o mundo.
Ingar é membro das bandas Dans Les Abres, Mural, Huntsville, No Spaghetti Edition, Flore de Cataclysmo,O3, Looper, Muta ou Labdfield entre moitas outras.
Lamprea Explosiva é unha banda de Vigo formada por Adán e Alén, guitarra e batería, facendo punk primitivo, cancións curtas e directas.
Montclair é un grupo da militancia mutante, adícanse a facer pasaxes instrumentais de longa duración en formato de alto volumen, música que bebe do drone, do ambient, do noise e do underground en xeral. Música contextualizada mediante proxeccións que amosan diferentes aspectos da nosa vida e que nos perxudican a todos.
Mariza é a gran embaixadora contemporánea da música portuguesa, a voz que fixo do Fado o seu cartón de presentación e o traballo da súa vida, pero nunca se limitou a un só xénero.
En 2001 converteuse nun fenómeno mundial co seu álbum debut Fado em Mim, e este ano trae o seu último disco Mariza, unha sedutora mestura entre o clásico e o moderno, o pasado e o futuro.
Espazo Mahou regresa este ano á Coruña para converterse de novo, e durante dous meses, nunha referencia para o lecer innovador en Galicia.
Cada semana haberá visitas de artistas de primeira cos Encontros Musicais de Espazo Mahou Coruña; experiencias únicas que teñen por protagonistas a artistas sorpresa cuxa identidade se desvelará con só tres días de antelación.
Esta semana o invitado para actuar é o rapeiro Rayden, quen compartirá co público os temas do seu último traballo de estudo, Antónimo, e outros éxitos da súa traxectoria musical.
The Wave Pictures é un trío musical británico que naceu no ano 1998, e desde entón non pararon, sacando case un álbum por ano.
Con David Tattersall á guitarra e voz, Franic Rozycki ao baixo e Jonny Helm á batería, esta banda de pop rock mantense no éxito ano tras ano.
O grupo MISS, integrado por Sara Permuy (voz) e Martín Otero (voz e piano), actuará na Sala Super 8.