Ketama en concerto
Na súa nova xira, despois de 14 anos, repasarán os temas coñecidos do seu disco De akí a Ketama acompañados dunha banda de músicos realmente espectacular. Volverán transmitir ese son único que tan presente segue na nosa memoria.

Na súa nova xira, despois de 14 anos, repasarán os temas coñecidos do seu disco De akí a Ketama acompañados dunha banda de músicos realmente espectacular. Volverán transmitir ese son único que tan presente segue na nosa memoria.
A música urbana chega á sala Ink de Narón o próximo 8 de decembro co evento Geometric Ink. Nesta primeira edición tocarán grupos como Kaydy Cain, Hard GZ, Erin, Rasbao ou El Fichaje. Haberá tamén un after party a manos de Kiddy e un sorteo dun tatuaxe valorado en 100€
Ao longo destes anos fóronse sucedendo proxectos que merecen ser máis que revindicados, como é o caso de When Nalda Became Punk, Selvática, Esposa ou Atrás Tigre. Os últimos en chegar son Tulip, unha formación que conta con membros de bandas recoñecidas como Wild Balbina e Dois. Deste xeito Marta Rodriíguez (Wild Balbina) e Óscar Raña (Dois) recrutaron a Miguel Bianchi (Mvnich) e Daniel Nicolás (Fantasmage) para dar vida aos primeiros temas do grupo, explorando diversos camiños e influencias no seu primeiro EP.
Nico é un músico ao que lle gusta colaborar con outros compañeiros do gremio e que ben podería ser tamén amigo de Mulder & Scully. Un compositor capaz de narrar historias de amor a través de abducións e de visitas alieníxenas, composicións que non deixan indiferente ao oínte desde a primeira escoita.
Hai algo máis de tres anos a banda madrileña Siete Almas irrompeu no mercado nacional co seu disco Nova Terra, cultivando excelentes críticas e sorprendendo a propios e estraños pola calidade da proposta e pola aparición dunha banda de hard rock en castelán dese calibre.
Koma volven aos escenarios despois de case seis anos de inactividade. A banda creada en 1995 editou oito traballos discográficos ata 2012, ano no que se separan. Pero nada é para sempre, as ganas de volver tocar xuntos fixeron que a banda se reúna de novo e presente as primeiras datas da súa xira.
O grupo de rap galego Ezetaerre presentará o seu novo traballo, que levará o nome de Pólvora e Tormenta (Letras para Woody Mellor). Será nun concerto en directo e acompañados polos composteláns Alto Asalto e, desde Vallecas, as abandeiradas do rap feminista Ira.
Co FIV de Vilalba arranca a tempada de festivais en Galicia e grazas á súa traxectoria desde a primeira edición e a que cada ano se cuida con esmero a calidade artística, converteuse nunha cita ineludible no circuíto de festivais galegos.
As maiores orquestras de Galicia pechan o ano 2018 con este festival.
Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interptetación. Pero é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez coa que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esta aparición estelar foise forxando en presenzas en escenarios e festivais.