Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Kurt Baker Combo

A banda presentará o seu terceiro traballo, Let´s Go Wild!, que destaca por influencias punk, garaje e power pop.

Neste novo disco o grupo móstrase máis maduro pero sen perder a súa particular frescura.

Galego

Cycle

A banda madrileña presenta o seu novo traballo, Electrick, que destaca por ser cen por cen rock and roll.

Este concerto enmárcase dentro do ciclo SON Estrella Galicia.

Galego

Massive

A banda australiana de rock and roll fará unha parada en Ourense durante a súa xira por España.

Neste concerto presentarán os temas do seu último disco, Rebuild Destroy.

Galego

Martiña Soñadora

Martiña soñadora son Sabela King á voz e  ó ukelele e Carlos Gil Fandiño ó piano e voz.É unha formación recente que naceu para o desfrutede nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e disfrutarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock&roll e mesmo do blues, todo amenizado de fermosas letras en galego e incluso en francés.

Galego

Grabba Grabba Tape!

Circulan por aí unha chea de lendas arredor destes dous bichos peludos, seres mitolóxicos xurdidos do fértil underground madrileño da década pasada ao abrigo do non menos mítico selo Gssh! Gssh!, no seu día casa de proxectos como Campamento Ñec Ñec, Margarita, Prisma en Llamas, Bananas, Ensaladilla Rusa ou Ginferno, por citar algúns. Non se sabe ben se son alieníxenas, bonecos de peluxe, mascotas maleducadas ou señores disfrazados. Os especialistas que respaldan esta última teoría atrévense incluso a aventurar que debaixo deses pelos están Grosman (a.k.a.

Galego

Banda Xangai

De vocación extremadamente festiva, os seus directos están cheos de referencias ás músicas que levan xeracións facendo bailar os torreiros do país, un directo pensado para o goce e o baile sen fin. Comboio de baile para os novos tempos, o xangai avanza cun único combustible: a emoción dos pasaxeiros. Dez músicos provenientes de grupos como os Tres Trebóns, os Papaqueixos, os Homes Sen Medo, o Jarbanzo Negro ou os Diplomáticos de Monte Alto.

Galego

Píscore coa banda

Píscore coa banda achega con humor a mellor música no concerto singular, un orixinal espectáculo que mestura o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual e o clown. Diversión asegurada para toda a familia.

Galego

Banda de Música de Campo Lameiro

O mes de agosto trae o ciclo Música no Camiño, con concertos nas rúas de Compostela, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan a Santiago.

Participarán bandas de música popular de Galicia que teñen como obxectivo difundir a cultura xacobea. Nesta ocasión, a Banda de Música de Campo Lameiro, baixo a batuta de Marcos Corbacho Paz, ofrecerá unha actuación de balde.

Programa organizado por Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Galego

Fíos de ouro no ar

Rodrigo Romani é un músico coñecido para o público galego e español, primordialmente entre os amantes da música de raíz, polo seu traballo como fundador do grupo Milladoiro, co que percorreu o mundo durante vinte anos, promovendo o uso do arpa céltica na música galega e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila por todo o planeta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto