Rapariga Dj + Batuko Tabanka + Mounqup + Dj
Como parte do programa das Festas do Apóstolo deste ano, haberá un concerto no que participarán Rapariga Dj, o grupo de música tradicional de Cabo Verde Batuko Tanka, e a cantante de jazz Mounqup.

Como parte do programa das Festas do Apóstolo deste ano, haberá un concerto no que participarán Rapariga Dj, o grupo de música tradicional de Cabo Verde Batuko Tanka, e a cantante de jazz Mounqup.
Bette Smith é unha cantante de soul e R&B procedente de Brooklyn. Con motivo das Festas do Apóstolo ofrecerá un concerto de entrada de balde na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
Exnovios é unha banda de música pop formada por Juan Pedro Maravi Artieda (guitarra e voz), Txema Maravi Artieda (batería) e Tamu (guitarra e voz).
Con motivo das Festas do Apóstolo deste ano, estarán tocando no Costa Vella de Santiago de Compostela, con entrada de balde para todo o que asista.
Fernando Esclusa á voz e á guitarra, (ex Guru Deva), Jose Juan Romeu “Xota”, voz e baixo eléctrico (ex Os Satélites) e Adrián Seijas (Misteriosa Viaxe a Holanda, Pardo, Carlos Childe) á batería, proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Con todo, e ante as múltiples peticións doutros repertorios para infinidade de veladas e festas de gardar decidiron sacar este coidado setlist, eminentemente rockeiro, para os amantes do legado do rock hispano dos anos 80.
Iria Estévez, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como Clave de FAdo (seleccionada polo INTERFADO de Cataluña) ou Arifi (gañadores do concurso internacional Castilla Folk) e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: Atlántica.
Con motivo das Festas da Peregrina deste 2018, actuará en Pontevedra a banda madrileña de rock Sidecars.
Juancho (voz, guitarra solista), Manu (guitarra rítmica, coros), Gerbas (baixo) e Ruly (batería) son Sidecars, unha banda que debutou discográficamente en setembro de 2008 co lanzamento do seu primeiro disco e co directo como vocación, e que en poucos anos conseguiu ocupar un posto folgado no panorama musical español.
Para celebrar os seus dez anos de carreira, Sidecars gravaron un disco en directo, Contra las cuerdas, que foi publicado este ano.
Bunbury é un cantante, compositor, multinstrumentista e músico español de rock.
Comezou na música durante os primeiros anos da década dos 80 formando parte das súas primeiras agrupacións, aínda que a súa consagración chegou sendo o vocalista e líder da banda Héroes del Silencio, grupo musical de gran éxito e considerada por moitos una das mellores bandas de rock en español.
Tras a ruptura da banda en 1996 comezou a súa carreira como solista no ano seguinte, converténdose nunha importante figura no ámbito musical español e hispanoamericano.
Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.
A cantante de música disco e soul Gloria Gaynor abrirá as festas de agosto da Coruña cun concerto gratuíto na praza de María Pita, tras a lectura do pregón, o 1 de agosto. A artista estadounidense, de 68 anos e autodenominada a Raíña do Música Disco, celebra este ano as catro décadas do seu éxito máis popular, I Will Survive.
Gaynor, que actuou na praia de Riazor en 2002, é a primeira confirmación do cartel das festas de María Pita.
Polymorphics é un quinteto musical da zona de Ferrolterra formado por Elo (voz e guitarra), Fer (guitarra e coros), Buby (guitarra), Juanra (batería) e Ángel (baixo e coros), e tocan música de estilo Pop, Rock, Funk e Fusión.