Atardecer no Gaiás
Un ano máis a Cidade da Cultura acolle Atardecer no Gaiás, un ciclo musical no que se recibe á noite escoitando música e que é un escaparate das tendencias musicais actuais. A programación de 2018 contará con 21 concertos, nos que a actualidade musical galega terá un peso importante e que contará nesta edición con maior presenza das músicas urbanas e a aposta polas voces femininas.
Os concertos arrancan o 5 de xullo con The Shirley Davis & The Silverbacks e rematan o 18 de agosto con Tremenda Jauría.

