Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día da Música

O día 21 de xuño, con motivo da celebración do Día da Música, a Orquestra Sinfónica de Galicia realizará un concerto no Palacio da Ópera baixo a batuta de José Trigueros. O programa a seguir é o seguinte:

Galego

O pulso da fala

Como parte das Xornadas de Música Contemporánea, organizadas polo Concello de Santiago de Compostela, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Galego de Arte Contemporánea, José Vicente Faus, Fernado Buide del Real e os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) interpretarán diferentes obras de compositores contemporáneos.

Programa:

Martin Bresnick:
Caprichos Enfáticos
I. Farándula simple  - II. Farándula de charlatanes
III. Estragos de la guerra - VI. Extraña devoción!

John Bergamo
Piru Bole

Galego

Artabe + El Increíble Paso

Rubén Artabe é un músico e compositor galego que comezou a súa traxectoria nos anos noventa, e dende esa época foi evolucionando na súa música ata chegar ao seu último disco Punto Cero, co que estivo de xira ata agora, que a pecha na Sala Super 8 con este concerto de despedida.

Estará acompañado do grupo El Increíble Paso, que está de xira actualmente co seu primeiro disco Hacia una muerte segura.
 

Galego

Lülu

Antonio Suárez Lülu foi o compositor, cantante e guitarrista durante toda a historia do grupo galego Forraje, e agora emprende a súa carreira en solitario.

En setembro de 2016 saía á venda o primeiro EP en solitario de Lülu, A medio camino, composto por cinco cancións de estilo rock. 
 

Galego

Blah! + Argón

Blah! é un grupo ferrolán formado por Miguel Brañas (batería), Mon Ibañez (baixo), Miguel Pita (Guitarra eléctrica), Óscar Fojo (guitarra clásica e voz) e Fausto Escrigas (teclado e saxo). A banda nace no ano 2015 como continuación do grupo El Viejo Caracol.

Estarán acompañados da banda Argón.

Galego

Rondalla Añoranzas

Añoranzas é unha agrupación artística ferrolana que leva 35 anos en activo, polo que celebra este ano o seu aniversario actuando no emblemático Teatro Jofre. 
Estarán acompañados das tres rondallas de Ferrol: Bohemios, Club de Campo e Sonidos del Alba.

Galego

dUAS sEMIcOLCHEIAS iNVERTIDAS + Parpar

dUAS sEMIcOLCHEIAS iNVERTIDAS (dSCi) é un grupo formado no ano 2007 en Lisboa. Na actualidade conta con dous EP (I en 2008 e II en 2009), un cassette (SADITREVNiSAIEHCLOcIMEsSAUd en 2010), un LP (4 en 2012), dous split-tapes (dSCi / Cangarra en 2013 e Chains Split Tape Vol. 2 en 2016), un single (Poda / Enco en 2018), e dous álbums en vivo co seu proxecto paralelo de improvisación.

Parpar é un dúo de música experimental que funde free jazz con ruído, formado por Par (saxofón barítono e loops) e Par (batería e efectos).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto