Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Celebración do Día Europeo das Linguas

Cada 26 de setembro, o Consello de Europa propón conmemorar o Día Europeo das Linguas para lembrarlle á cidadanía a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Instituto Camões únense a esta celebración cun concerto de Carolina Rubirosa, vocalista do grupo The Funkles, que estará acompañada polo guitarrista Rafael Otero.

Galego

Sés + Mercedes Peón + Sonia Lebedinsky + Cinco en zocas

Sés, Mercedes Peón, Sonia Lebedinsky e as pandereteiras Cinco en zocas ofrecerán un concerto no que o público non vai poder parar de bailar ao ritmo destas mulleres galegas que contan cun estilo inconfundible.

Entre os días 4 e 14 de outubro celébrase a Festa do Marisco de O Grove, considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Durante eses días haberá espazo para a gastronomía, actividades culturais e concertos.

Galego

C. Tangana + Banana Bahia

O cantante madrileño de trap, C. Tangana, actuará na Festa do Marisco do Grove acompañado polos artistas de Vigo, Banana Bahía.

Entre os días 4 e 14 de outubro celébrase a Festa do Marisco de O Grove, considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Durante eses días haberá espazo para a gastronomía, actividades culturais e concertos.

Galego

The Charlatans + Australian Blonde + Pardo + Nano Vinilo

A banda de Manchester encabezará o segundo día de concertos da Festa do Marisco do Grove. Estarán acompañados polos xixonenses Australian Blonde. Ademais tamén actuará o cantautor Pardo e o DJ Nano Vinilo.

Entre os días 4 e 14 de outubro celébrase a Festa do Marisco de O Grove, considerada Festa de Interese Turístico Nacional. Durante eses días haberá espazo para a gastronomía, actividades culturais e concertos.

Galego

L.A. + Tulsa

L.A. presentará o seu novo disco de estudo King of Beasts, que está composto por 17 temas de rock con toques de folk e indie.

Neste concerto actuará Tulsa, que tamén presentará o seu último traballo, Centauros, onde os sintetizadores e as baterías teñen unha presenza destacada.

Galego

Fantasía musical con Jorge e María

Unha festa musical coas letras do abecedario! A actividade é concerto dinámico, con moita interacción co público e onde diferentes personaxes acompañan cada canción. Pop, hip hop, rock and roll ou aínda matices de swing mesturados con textos cheos de fantasía serven para achegar a poesía aos asistentes. 

Esta actividade de Ler conta moito está pensada tanto para bebés, como para cativos de 3 a 11 anos e para colectivos con necesidades especiais. Máis información na biblioteca.

Galego

Elefantes

Elefantes presentará os temas do seu último traballo, La primera luz del día. O público poderá desfrutar da música desta banda que toca varios estilos, pop, flamenco, rock e canción melódica.

Este concerto enmárcase dentro do Ciclo Momentos Alhambra: Acustiquísimos e ten como obxectivo ofrecer actuacións en diferentes espazos nos que non se adoita escoitar música ao vivo. O programa está composto polas voces máis destacadas do panorama nacional, como Ángel Stanich ou Depedro, entre outros.

Galego

Ángel Stanich

O cantante indie Ángel Stanich presentará en acústico o seu último traballo, Antigua y Barbuda. Stanich está considerado un dos músicos máis destacados no panorama musical do noso país.

Este concerto enmárcase dentro do Ciclo Momentos Alhambra: Acustiquísimos e ten como obxectivo ofrecer actuacións en diferentes espazos nos que non se adoita escoitar música ao vivo. O programa está composto polas voces máis destacadas do panorama nacional, como Elefantes ou Depedro, entre outros.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto