Knip Dyolf
Knip Dyolf é unha banda ferrolana que fai versións da banda Pink Floyd. Nesta ocasión actuará na Sala Super 8 con entrada de balde.

Knip Dyolf é unha banda ferrolana que fai versións da banda Pink Floyd. Nesta ocasión actuará na Sala Super 8 con entrada de balde.
A banda ferrolana de funk/soul B SIDE, formada por Bea Rivas (voz), Bea Bros (baixo), Fernando Couce (batería), Miguel Sixto (guitarra) e Andrés Sandá (guitarra) actuará na súa cidade de orixe.
No marco das Festas do Apóstolo, o grupo Gallaecia Big Band e a Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerán un concerto na Praza das Praterías, con Cristian Leggiero, director da Gallaecia Big Band, e Casiano Mouriño Maquieira, director da Banda Municipal de Santiago de Compostela, ao mando.
Programa:
Mambo Jambo - Arr. Cristian Leggiero
Feeling Good - Arr. Cristian Leggiero
Buonasera Signorina - Arr. Cristian Leggiero
Quizás, Quizás, Quizás - Arr. Cristian Leggiero
Como xa ven sendo habitual no marco das festas do Apóstolo, a Banda Municipal de Santiago de Compostela ofrecerá un concerto na praza do Obradoiro
A mítica banda do pop español dará un dos seus primeiros concertos da Xira 2019 na Coruña.
O grupo interpretará os seus temas máis coñecidos conocidos como Marta tiene un marcapasos, Sufre mamón e Venezia, entre outros.
Como parte do programa das Festas de San Roque deste ano, o músico arxentino afincado en Vilagarcía Juan Carlos Cambas, que cumpre 25 anos coa música, actuará con artistas convidados da talla de Dulce Pontes, Daniel Casares e Rosa Leiro, Davide Salvado, Cristina Silva e Margarita Guerra.
Con motivo da celebración das Festas de San Roque deste ano, o grupo de Vilagarcía Los Duendes ofrecerá unha actuación en homenaxe ao seu cantante Manolo Lassa, quen faleceu este ano.
Como parte do programa das Festas de San Roque, o grupo Tequila xuntarase de novo no escenario para ofrecer unha actuación de balde e facer bailar a todos cos mellores éxitos da movida madrileña.
Tequila foi unha banda de música rock madrileña fundada cara 1976 polos músicos arxentinos Ariel Rot (guitarra) e Alejo Stivel (voz), e os españois Julián Infante (guitarra), Felipe Lipe (baixo) e Manolo Iglesias (batería).
Con motivo das Festas de San Roque deste ano, a Banda de Música de Vilagarcía de Arousa ofrecerá unha actuación de balde no Parque da Xunqueira.
Como parte do programa das Festas de San Roque deste ano, o cantante de flamenco Diego El Cigala ofrecerá un concerto de balde en Vilagarcía de Arousa.
O artista madrileño logrou a fama por interpretar temas en flamenco, son cubano, tango, bolero e jazz afrocaribeño.
Presentará o seu disco Indestructible, no que fusiona flamenco e ritmos latinos.