Pan de Capazo en concierto
Espectáculo sen ataduras, dinámico e divertido, entrañable e sensible, enerxético e rabioso.
A música de Pan de Capazo é unha fusión de culturas, instrumentos, ritmos e melodías de toda Europa ao servizo de cinco homes que teñen distinta raíz e un só tronco: a cultura tradicional. Neste tronco, xa fai sete anos, iniciouse a súa senda como grupo.

