Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

MCarballo Blues Sessions

A formacion é a tipica dos anos dourados do Blues: voces, harmónica, banjo, slide guitar, guitarras resonadoras, acústicas e bateria.
Blues tradicional, country, gospel,... O repertorio inclúe temas propios, con letras e música orixinais, e incorpora versións dos clásicos da epoca, de autores e interpretes como The Band, Johnny Cash, Ry Cooder, Eric Clapton, J. J. Cale, Creedence Clearwater Revival, B. B. King, Muddy Waters, Willie Dixon, Junior Parker, James Cotton, Little Walter, Jimmy Reed....

Galego

A fiestra dos soños

A fiestra dos soños é un concerto non para pequenas nin para adultas, simplemente para soñadoras. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias que veñen despois, que funcionan de maneira independente, e do mesmo xeito, por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.

Galego

En Verbena

É o segundo espectáculo do grupo. Seguimos sendo 5 mulleres migrantes e músicas que se coñeceron nun barco, pero xa levamos máis tempo xuntas. Hai novo vestiario, repertorio e material escénico.

Os ritmos son os bailables de moda no comezo do século XX.

Escénicamente, os personaxes emulan a mulleres pioneiras nos dereitos femininos coma o voto, o vestir pantalóns, beber, fumar, conducir....

 

 

Galego

Tócaa outra vez, Xan

Este ano celébrase a VII edición do Concurso de bandas sonoras Tócaa outra vez, Xan. No concurso participarán estudantes de entre 12 e 18 anos do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, interpretando bandas sonoras de películas, series, videoxogos, etc.

Galego

Fíos de ouro no ar

Rodrigo Romaní presenta o seu novo traballo: Fíos de ouro no ar. Un álbum concebido para recrear un xogo sonoro de luces e sombras con alusións a músicas de diversos orixes nas que a tradición oral da música popular é a base dun produto inconfundiblemente galego.

Galego

Pan de Capazo en concierto

Espectáculo sen ataduras, dinámico e divertido, entrañable e sensible, enerxético e rabioso.

A música de Pan de Capazo é unha fusión de culturas, instrumentos, ritmos e melodías de toda Europa ao servizo de cinco homes que teñen distinta raíz e un só tronco: a cultura tradicional. Neste tronco, xa fai sete anos, iniciouse a súa senda como grupo.

Galego

Pendanga e oso

Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que Aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanga e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto