Artabe + El Increíble Paso
Rubén Artabe é un músico e compositor galego que comezou a súa traxectoria nos anos noventa, e dende esa época foi evolucionando na súa música ata chegar ao seu último disco Punto Cero, co que estivo de xira ata agora, que a pecha na Sala Super 8 con este concerto de despedida.
Estará acompañado do grupo El Increíble Paso, que está de xira actualmente co seu primeiro disco Hacia una muerte segura.

