Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Forever

Forever é considerado un dos mellores tributos a Michael Jackson. Incluso o mesmo pai do rei do pop, cando viu o espectáculo no ano 2010, admitiu que se trataba do mellor espectáculo sobre o seu fillo que existía.

Forever consiste nun intenso percorrido polos maiores éxitos de Michael. Este 2018 regresa aos escenarios cunha nova e importante aposta escénica e audiovisual, coa mesma calidade artística de sempre.

Galego

Pablo Castaño Quartet

Pablo Castaño Quartet presenta o seu primeiro disco A-la-láa, gravado en formación de cuarteto. A presentación faráse en vivo no Teatro Colón por primeira vez, coa colaboración especial da cantante Ugia Pedreira.

Pablo Castaño é un referente do jazz galego, e neste disco está acompañado de dous dos nomes máis relevantes da escena galega como son o pianista residente en Nova York Yago Vázquez e o batería Max Gómez.

Galego

La Penúltima

A banda de rock e blues lucense La Penúltimaformada por Carlos (percusión e voz), Javi (guitarra e coros), Domin (baixo), José-Antonio "Tapi" (batería) e Manuel (teclado), estará tocando no Clavicémbalo, rendendo tributo ao cantautor Joaquín Sabina.

Galego

Troy Redfern

Troy Redfern é un músico de estilo roots, blues, rock e experimental que, xunto a Alex Bridge (percusión) e Stjohn Milinzcuk (baixo), forman a agrupación The Troy Redfern Band. Redfern, pola súa banda, ocúpase da guitarra e pon a súa voz para as melodías que a banda interpreta.

Galego

Noemí Mazoy

A soprano Noemí Mazoy estará acompañada por Valery Zviarzhevich ao acordeón, Germán Barrio ao piano e Cristina Nogueira Pérez ao violoncello.

Os beneficios deste concerto estarán dirixidos á construcción de catro vivendas adaptadas na área de Kalyandurg na India.

Galego

Boyanka Kostova + Esteban & Manuel

Boyanka Kostova é o nome dunha ximnasta de alterofilia, con todo, tamén é o nome da primeira banda de trap en galego. O Chico do Funk e Cibrán García conforman este peculiar dúo de música urbana. A banda demostra en cada directo que só vai a máis. A súa xira de verán levounos a tocar a festivais como o Festival Noroeste Estrella Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto