Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Kuhn Fu

Kuhn Fu é un cuarteto internacional de post romantic jazz rock disorder, coñecido pola súa intensidade, a minuciosa composición dos seus ritmos, o seu xogo de dinámicas e un claro gusto pola melodía. 

A formación está liderada polo guitarrista e compositor Christian Kuhn, co clarinetista israelí Ziv Taubenfeld facéndose cargo da melodía e cunha sección rítmica composta polo baixista turco Esat Ekincioglu e o batería inglés George Hadow.

Galego

Cowtown

Cowtown é unha banda británica formada por Hils, Dave e Nash. O seu último disco chámase Paranormal Romance, e consiste nunha mestura de post punk, garaxe e new wave.

Galego

María Toro

María Toro é unha flautista da Coruña. En 2014 publicou o seu primeiro álbum: A Contraluz, un disco de flamenco jazz heterodoxo.

Desde 2014 reside en Rio de Janeiro, onde acaba de gravar o seu segundo disco Araras, no que, sen perder o seu estilo propio, se deixa influenciar pola música popular brasileira, contando con estelares colaboracións.

Galego

The Skarnivals

The Skarnivals regresan coas pilas cargadas e cun novo traballo "LATEXOS" (xaneiro de 2023) que presentarán nunha serie de concertos durante a primavera de 2023. Un novo disco da banda do morrazo onde demostran a súa madurez musical mantendo a súa madurez musical. guitarras e ritmos enérxicos que os caracterizan.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto