Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O Cadelo Lunático en concerto

A banda está xirando con nova formación presentando algúns temas do primeiro disco, Malos Tempos (Inquedanzas Sonoras, 2015) e novas composicións entre as que destacan poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

Blues e soul de corte clásico con ritmo e divertido para todos os públicos.

Galego

N.E.O

Desde Galicia prodúcese un dos regresos máis esperados dos últimos anos: O mestre da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro nos Suaves, o batería Tino Mouteira, volven contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro Regueira.

Este novo proxecto levará por nome N.E.O e o seu primeiro traballo discográfico será editado en xaneiro de 2019, baixo o título “ N.E.O - Obxecto próximo á Terra".

Galego

La Chata Soul en concerto

La Chata Soul é un grupo formado na cidade de Vigo no 2016 pero con alma internacional, que se reflexa tanto na orixe dos seus membros como no carácter da súa música. A base dos seus temas, ten a súa orixe na música negra: blues, soul, funky, Rhythm e Blues ..., trasladando no seu directo este sentimento ao público de inmediato.

Galego

La Buena Nueva en concerto

La Buena Nueva está formada por cinco consolidados músicos que forman ou formaron parte doutros conxuntos musicais como Puma Pumku, Trifulca ou Esteban & Manuel. De feito é o propio Esteban o que capitanea esta banda que revisa os ritmos latinos, en constante diálogo e contacto coa cultura galega como consecuencia dos intensos fluxos migratorios entre Galicia e Sudamérica.

Galego

Igloo en concerto

IGLOO, grupo de recoñecido prestixio a nivel estatal están de volta co seu novo traballo. Un disco grabado en algúns dos mais prestixiosos estudios do país. O proxecto mais grande da banda galega ata a data.

 

 

Galego

García MC & Nación Quilombo

A inspiración do vivido no WOMEX 2016 en Santiago de Compostela, a feira de world music máis importante do mundo, foi a que fixo que aflorase esta nova idea: Nación Quilombo. Froito de 20 anos como MC, García sorprende liderando un espectáculo innovador, unha banda composta por 4 instrumentistas e un DJ onde se combinan os ritmos do mundo e da diversidade con hip hop e coa palabra como centro.
 
Músicos: García MC, Fran Sanz (baixo), Guille Rodríguez (guitarra)  e Martín Sampedro (batería)

 

Galego

Familia Caamagno en concerto

FAMILIA CAAMAGNO ESTÁN DE VOLTA!

Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico: “HABÍA QUE INTENTALO”.

Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.

Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un bonus track, no que poderanse atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto