Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

US Rails

Ben Arnold, Scott Bricklin, Tom Gillam e Matt Muir fixeron un notable esforzo por abrir as portas e deixar correr libremente aos seus cabalos do rock n´roll. Isto non quere dicir que abandonen as súas harmonías vocais marca da casa, pero hai un maior músculo detrás. Influencias colectivas que viran ao rock e ao vello rhythm & blues, coa atmosfera de gravación no verán de Philadelphia palpable en cada canción.

Galego

The Clods Band

O happy rock percorre Galicia por primeira vez e farao nun dos lugares máis rochosos e imprescindibles para comprender a escea viguesa.

The Clods Band visitan o barrio de Churruca poquitos días antes de presentar o seu segundo traballo, e por iso avecíñanse sorpresas, avances e moito rock divertido e de calidade.

Acompañaranlles Moito!, unha das bandas máis punteiras da música alternativa galega de aires britpop, cun 2019 para enmarcar grazas aos seus traballos 'Ingravidez' e o máis recente e espectacular 'Engeniería Inversa'. 

 

Galego

Andhrea & The Black Cats en concerto (formato trío)

Gañadores do VI concurso da Societat de Blues de Barcelona, esta banda de Compostela leva percorrendo Galicia e parte da península desde 2012. Do Festival de Blues de Benicassim (2016) ao Sweet Cotton Festival (2018), gozaron dos seus directos cargados de proximidade e unha atmosfera colmada de complicidade, harmonía e ritmo.

Hoxe en día presentan a súa nova formación, coa incorporación da tuba, dotando os seus directos dun carácter que fai lembrar á vella Nova Orleans, sen abandonar o seu particular "blues viejuno".
 

Galego

Balkan Paradise Orchestra

Integrada por once instrumentistas de vento e percusión, a BPO (como xa se coñece tamén ao grupo) achegou un aire fresco e alegre ao panorama das fanfarrias do noso país. 2020 preséntase como un ano moi atarefado para as integrantes, xa que virarán por toda España presentando o seu novo disco "K´ataka".

Galego

Gala Solidaria coa Revolta Chilena

Solidarias galegas toman a iniciativa despois de recibir diversos chamamentos do outro lado do charco solicitando axuda económica para paliar os enormes gastos que estan sufrindo por parte do goberno terrorista de Piñera. Dende asasinatos até operacións quirurxicas por mor da represion que sofren dia a dia por parte dos carabineros chilenos, todo o recadado vai ser destinado a aportar o noso grao de area.

A gala benéfica contará con actuacións de artistas galegxs que desinteresadamente colaborarán e farán desa noite unha mistura entre luita solidaria e festa.

 

Galego

La bien querida

A estas alturas non nos sorprende que un disco da ben querida teña tan boa acollida por público e medios. Despois de “¿Qué?” y “Me Envenenas”, “Miedo” pon outra pedra nun disco, “Brujería”, que proxecta unha sombra ambigua, estraña, que realiza un tratado do amor baseado no esoterismo e a maxia, e no que os relatos terroríficos van collendo cada vez máis protagonismo. 

Galego

The Jayhawks

Os intentos de encadrar a The Jayhawks foron infrutuosos durante moito tempo, como sabe calquera fanático ou músico de toda a vida. A banda xeralmente transcende calquera selo, Americana, Roots Rock ou Alt- Country..., con grandes cancións, aventuras musicais e pura diversión.

Galego

Camela

Marcaban e seguen marcando, a diferenza cun estilo inconfundible que só lles pertence a eles.

Presentan o seu novo disco titulado Rebobinando, cheo de sorpresas e enfoques doutras músicas sen perder o seu estilo e personalidade. Este enfoque débese principalmente á elección de artistas que colaboran no álbum celebrando o 25 aniversario do inicio do proxecto.
 

Galego

Roi Méndez

A súa actitude irresistible, as súas grandes cancións e a súa conexión co público fai dun concerto de Roi unha experiencia única e a repetir. Tras lanzar os seus singles ?Por unha vez máis?. ?Plumas? e ?Deixareiche?, o músico presentará en primicia moitas das cancións que formarán parte do seu proxecto en 2020. 

Galego

Wille and the Bandits

Co seu novo enfoque da música blues rock, Wille e os bandidos forxáronse un lugar para si mesmos na escena musical europea, desenvolvendo unha reputación como un dos mellores actos en vivo e capturando a imaxinación e o interese dos amantes da música en todo o mundo.

Esencialmente, Wille and the Bandits é un clásico de tres pezas de blues rock, moi na liña de Cream ou The Jimi Hendrix Experience e, como estas bandas, está a empuxar os límites do seu xénero. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto