Moura e A Irmandade Ártabra + Caldo
A partires de sons foráneos como a psicodelia e o rock progresivo, esta banda coruñesa reivindica a herdanza druídica da cultura galega, que bebe directamente das tradicións pagáns dos celtas, dos ritos e da mitoloxía da era precristiá. A súa adhesión á terriña perfílase en trazos contundentes, sen renegar do folk pero distanciándose dos referentes esotéricos que, dun tempo a esta parte, se convertiron en lugares comúns dentro do xénero.

