Tontxu
Tontxu regresa a Santiago para presentar o seu novo traballo: Tr3inta y tr3s e facer un repaso pola súa traxectoria profesional. Unha viaxe chea de emocións, de recordos e de cancións que foron a banda sonora dunha xeración. Unha oportunidade única de gozar da música en directo nunha contorna íntima e próxima nun formato de guitarra e voz.

