Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Strad, o violinista rebelde

Tras conseguir un rotundo éxito de crítica e público na súa xira ?Confesións?, Strad presenta agora o seu novo show. Un espectáculo único que combina clásico, rock, flamenco, jazz, electrónica, etc., todo iso cunha asombrosa e potente posta en escena. Strad está formado por cinco músicos, que terán como capitán de batalla ao violinista Jorge Guillén, violinista principal das diferentes agrupacións de Ara Malikian.

Galego

Sandra Calderón e Flamenco Band en concerto

Sandra Calderón e Flamenco Band é unha banda de gran recoñecemento no panorama músical.

Formada en abril do 2014, conta xa na súa traxectoria cun gran número de concertos realizados baixo a batuta de Sandra Calderón, a fundadora do proxecto. Flamenco Band se incursiona nunha variedade de estilos musicais. Con formación estable, os seus músicos achegan a diversidade sonora da banda. Inclúe no seu repertorio con cancións de estilo fusión, de jazz e latin jazz, baladas, salsa e máis; todo aderezado cun inconfundible toque flamenco e de calidade.

Galego

O Cadelo Lunático en concerto

A banda está xirando con nova formación presentando algúns temas do primeiro disco, Malos Tempos (Inquedanzas Sonoras, 2015) e novas composicións entre as que destacan poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

Blues e soul de corte clásico con ritmo e divertido para todos os públicos.

Galego

N.E.O

Desde Galicia prodúcese un dos regresos máis esperados dos últimos anos: O mestre da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro nos Suaves, o batería Tino Mouteira, volven contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro Regueira.

Este novo proxecto levará por nome N.E.O e o seu primeiro traballo discográfico será editado en xaneiro de 2019, baixo o título “ N.E.O - Obxecto próximo á Terra".

Galego

La Chata Soul en concerto

La Chata Soul é un grupo formado na cidade de Vigo no 2016 pero con alma internacional, que se reflexa tanto na orixe dos seus membros como no carácter da súa música. A base dos seus temas, ten a súa orixe na música negra: blues, soul, funky, Rhythm e Blues ..., trasladando no seu directo este sentimento ao público de inmediato.

Galego

La Buena Nueva en concerto

La Buena Nueva está formada por cinco consolidados músicos que forman ou formaron parte doutros conxuntos musicais como Puma Pumku, Trifulca ou Esteban & Manuel. De feito é o propio Esteban o que capitanea esta banda que revisa os ritmos latinos, en constante diálogo e contacto coa cultura galega como consecuencia dos intensos fluxos migratorios entre Galicia e Sudamérica.

Galego

Igloo en concerto

IGLOO, grupo de recoñecido prestixio a nivel estatal están de volta co seu novo traballo. Un disco grabado en algúns dos mais prestixiosos estudios do país. O proxecto mais grande da banda galega ata a data.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto