Tunes & Casquero
Turnes & Casquero son o pianista e o vocalista da Bakin Blues Band, interpretan e compoñen cancións que beben da cálida corrente do blues, o soul e o gospel. Dúo de piano, guitarra (e voz), un pequeno formato que propón a potencia do directo dunha banda. Tocaron con grandes figuras do blues nacional e internacional como Fernando Beiztegui, Mingo Balaguer, Emilio Arsuaga, Edu Manazas, Greg Izor, Trudy Lynn, Steve Krase, Barbara Lynn e un longo etc.

