Junior Mackenzie
Describir a música de Junior Mackenzie non é unha tarefa fácil. É un proxecto que flúe desde a creación dunha soa entidade para alcanzar a totalidade dun colectivo. Provén dun arquitecto sónico que constrúe castelos con ladrillos de folk, rock, blues ou jazz, bebendo das augas da música norteamericana. Non importa quen sexa o creador, a realidade última é a materialización da canción. Porque aí é onde se atopa a esencia de Junior Mackenzie: nas cancións.

