Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Dimitri Vegas & Like Mike

Así é, Dimitri Vegas e Like Mike estarán no Pelícano o vindeiro venres 4 de setembro. A discoteca coruñesa ofreceranos aos DJs número uno do mundo segundo o Top 100 DJ Mag. Para quen aínda non os vira en directo, este dúo belga ofrece un dos shows máis impresionantes da escena que lles levaron a ser os abanderados de Tomorrowland  por todo o mundo. Dimitri Veigas e Like Mike combinan os seus grandes éxitos como Mammoth, Tremor ou The Hum, cun gran carisma que fai dos seus sets unhas experiencias únicas. Todo isto é o que nos poden ofrecer Dimitri Veigas e Like Mike en Pelicano.. 

Galego

V Concerto Dani&Virtual Friends- Entroido Way

Imos seguir cos concertos domingueros para a familia este Domingo día 19 de Abril de 19:00 a 19:55, para animar un pouco ese confinamento por quinta semana consecutiva.(18:00 en Canarias;14:00 en Buenos Aires;12:00h en Bogotá) pero esta vez disfrazarémonos en casa cada un co que teña a man coma se fose Entroido jejejejeje.

A calidade do son e imaxe vai depender un pouco da rede e a conexión que teñamos todos en casa que espero ese día non este moi saturada 

Galego

Benvidas ó futuro

ZËNZAR é o grupo decano do rock en galego con máis de 30 anos de actividade ininterrumpida!

Os de Cerceda comezan o 2020 cun novo traballo discográfico, BENVIDAS Ó FUTURO, o décimo da súa historia. Este novo disco ten novidades que o diferencian dos anteriores. Con Roi Gil, técnico de directo e o sexto zënzar, ós mandos técnicos da gravación por primeira vez, conseguen unha potencia similar á dos directos. Ademais, todo o proceso de gravación e creación tivo lugar no local de ensaio, recentemente mellorado e equipado. Tamén se trata do primeiro con Laura ó baixo.

Galego

Stormy Trucks

Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e, na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por gran parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música ao Vivo da AGADIC, con concertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera ou Moon Music Club ou en festivais como o Feito a Man.

Os Stormy tocan rock’n’roll sen concesións, puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos deste estilo, combinando temas propios con revisións de clásicos.

Galego

Udra en concerto

UDRA xurde cando Álvaro Trillo (batería), Maritxinha (baixo) e Diego Negro (guitarra e voz), xuntan as súas forzas para facer tremer a terra co seu groove que bebe do neosoul e das músicas progresivas con grandes influencias do funk, o jazz e as propostas urbanas. UDRA é un grupo que se asenta na onda da vangarda global máis micorrícica, bebendo de tradicións de todo o mundo para crear un concepto globalizado no mellor sentido da palabra sen cultivar propiamente a estrañamente denominada world music, senón desenvolvendo un estilo propio que debuxa un amplo e colorido mapa de sonoridades e i

Galego

The Narts en concerto

The Narts xurde no seno dunha escola de Musica, na que xúntase as inquedanzas destes catro músicos.

Co fin de facer unha música composta polo blues, rock, funk e soul, comezan a preparar un repertorio cheo de grandes clásicos da música, aínda que máis descoñecidos polo público, aportando uha visión diferente no panorama musical galego.

A banda está composta polos seguintes músicos: Plácido Vinseiro (vocalista e guitarrista), Carlos Gil (teclista), Antón Torroncho (baixista) e Aitor García (batería).

Galego

The Lákazans en concerto

 

The Lákazans volve para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo ao estudio para plasmar o que será o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo.

Sandwina, inspirado na muller máis forte do mundo, amplian o seu rexistro a novos xéneros da música america, mais aló do seu blues característico. Deste xeito, podemos atopar nel desde o country ata o mais sentimental rockabillly.

Galego

The Hendersons en concierto

THE HENDERSONS é unha banda que reflicte fielmente o son, as harmonías vocais e a enerxía de THE BEATLES, interpretando temas de todas as etapas da banda de Liverpool, con ese encanto e esa actitude "marca da casa" enriba do escenario.

Cada show fai un percorrido pola etapa de Hamburgo , a Beatelmanía "yeyé", a psicodelia , a época Hippie, ata o Rock máis cru da última época, con máis de 30 cancións universais e atemporales que atraparán os corazóns de públicos de todas  as xeracións: desde os netos aos avós.

Galego

Noite Grunge

Radio Bleach, unha das mellores bandas tributo a nirvana do territorio nacional, ofrece un impresionante directo eléctrico cargado de emoción e forza!!

  Do mesmo xeito que a banda de Seattle atopases    no  escenario  3  músicos  experimentados  recreando o son máis puro e característico de nirvana?

100% son NIRVANA!!

 No repertorio atopamos todos os clásicos de Nirvana sempre coidando cada detalle que é o que dá a maxia a cada tema desta gran banda como é NIRVANA.

Membros:

-Eloy: guitarra e Voz

-Diego: Baixo

-Juan Zurdo: Batería e coros

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto