Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Vandenberg

Adrian Vandenberg tras 35 anos desde o seu último disco en estudo como VANDENBERG, regresa de novo con 2020. Unha nova obra acompañada dun elenco de monstros do xénero de moito coidado: Ronnie Romero (RAINBOW, LORDS OF BLACK, THE FERRYMEN) ás voces, Rudi Sarzo (OZZY, WHITESNAKE) ao baixo ou Brian Tichy (OZZY, FOREIGNER) á batería.

Galego

Pakolas

Pakolas é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para os mais cativos. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade.

Galego

Fanfarria Taquikardia

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra. A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-pratos.

Galego

Man de Santo

O grupo lanzou o seu álbum debut en 2010, "Cantos A La Vida" ( Chancho Records, 2010). Obtivo gran acollida tanto dentro como fóra de Holanda e por iso en 2014 gravaron o seu segundo álbum " Atacames" ( Autoeditado, 2014), un disco que contén 10 cancións que van desde o heavy ao desenfadado e do melodramático ao agresivo. Durante estes anos a banda virou por Europa e Latinoamérica e tamén foron teloneiros de grupos tales como Monster Magnet, Fu Manchu, Karma to Burn e Helmet. O 20 de novembro sairá á luz o seu terceiro álbum "Sen Vergënza" ( Graviton Music Services, 2018).

Galego

Angélica Salvi

Angélica Salvi é unha artista e compositora española radicada no Porto desde 2011. Conta cunha brillante e extensa carreira artística durante a cal traballou con compositores como Takayuki Ray, Joseph Waters, Heiner Goebbels, Stephen Andrew Taylor e tamén con músicos improvisadores como Butch Morris, Evan Parker, Joëlle Léandre e Han Bennink.

Galego

Moura

Berri Txarrak levaron o rock en eúscaro máis lonxe do que ninguén podería imaxinar, mentres que outros como Atavismo ou Ela A Rabia souberon inspirarse nas raíces da súa terra para armar o seu discurso. Nesa mesma mentalidade musical parecen atoparse Moura. Aínda que xa levan en activo uns cuantos anos, é agora cando este grupo da Coruña disponse a presentarse en sociedade pola porta grande.

Moito e para ben pesaría ese período de tempo empregado para madurar un álbum de debut que cheira a un dos pelotazos da tempada para a parroquia amante dos sons psicodélicos e lisérgicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto